Concellos e asociacións poden solicitar as actuacións dos grupos inscritos na rede cultural 2013 da Deputación

diputacion-culturaO Boletín Oficial da Provincia publica o anuncio da apertura do prazo para solicitar as actuacións dos grupos que forman parte da Rede Cultural da Deputación, un total de 1.760 agrupacións tanto profesionais como non profesionais.

Desta xeito, as asociacións e concellos da provincia que se queiran sumar a esta iniciativa deberán presentar as solicitudes entre os días 8 e 27 de marzo.

Todos os datos das agrupacións artísticas que participan nesta nova edición da Rede Cultural poden consultarse na páxina web da Deputación. En canto aos impresos de solicitude, poderán atoparse nos concellos, na web da Deputación e na sede provincial.

Na categoría profesional, a Rede Cultural ofrece tamén este ano o XXV Programa de teatro e títeres para compañías profesionais, o XXVI Ciclo de música para intérpretes profesionais, e o VII programa para compañías de danza profesionais e outras actividades.

Por outra banda, na categoría non profesional desenvolverase a XXX edición do Programa de música e teatro para grupos non profesionais (bandas de música ou gaitas, corais, orquestras, intérpretes solistas, danza ou artes escénicas).

Achegas provinciais para as actuacións

A Deputación asumirá o 70% do gasto xerado pola contratación destes grupos no caso dos concellos de menos de 5.000 habitantes. Para os de entre 5.001 e 15.000 a porcentaxe achegará o 50%, mentres que nos concellos de máis de 15.000 habitantes a Deputación asumirá ata o 40% do orzamento total.

As entidades sen ánimo de lucro deberán facer fronte á metade do gasto pola contratación dalgún destes espectáculos, mentres que a outra parte correrá a cargo da Deputación da Coruña.

 

 

 

 

Lea también

Visita guiada a la exposición «Bo camiño» en el Monasterio de San Martín Pinario

Este martes, día 23 de noviembre, a las 18 horas tendrá lugar una visita guiada a la exposición «Bo camiño»  en el espacio …