Publicada a convocatoria de exames para titulacións para embarcacións de lecer e motos náuticas

embarcaciones de placerO Diario Oficial de Galicia (DOG) publica a convocatoria de exames ordinarios teóricos e prácticos para a obtención das titulacións que habilitan para o goberno das embarcacións de lecer e motos náuticas na Comunidade Autónoma de Galicia. As titulacións para as que se convocan estas probas son patrón/a para navegación básica, de embarcacións de lecer e de iate, así como de capitán/a de iate, patrón/a de moto náutica A e patrón/a de moto náutica B.

Os candidatos/as solicitarán a súa admisión ao exame teórico ou práctico mediante a instancia dirixida ao presidente do tribunal do centro oficial de ensino pesqueiro onde realizará a proba cubrindo o modelo de solicitude do procedemento PE616C, que figura como anexo I da Orde que publica hoxe o DOG.

Solicitude

O modelo de solicitude facilitarase nas oficinas da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, nas xefaturas territoriais, nas xefaturas de Coordinación da Área do Mar e nas xefaturas comarcais da Consellería do Medio Rural e do Mar, e tamén na Guía de procedementos e servizos en https://sede.xunta.es/guia-de-procedementos-e-servizos.

Na resolución que hoxe publica o DOG infórmase do importe correspondente ás taxas polos dereitos de exame en cada modalidade, así como das datas e lugares de celebración das probas, tanto para a convocatoria de maio como para a de setembro.

 

 

Lea también

Ejecutadas actuaciones de limpieza en el «río da Sardiña» y arroyo de Aneiros, en Serantes

La Consellería de Infraestructuras e Movilidade, a través de Augas de Galicia, está ejecutando actuaciones …