O BNG de Ferrol quere que os concelleiros se expresen en galego

en galegoO Bloque Nacionalista Galego ven de rexistrar unha proposta que será debatida na reunión do Consello Municipal da Lingua que se celebra hoxe, dia 19 de marzo, na que solicitan que este orgao de participación eleva ao Pleno da Corporación unha proposta de declaración instiucional na que instan ao Alcalde e ao conxunto de concelleiros da corporación municipal ao cumprimento da Ordenanza municipal de Normalización Lingüística, e a dar exemplo cívico no compromiso coas normas legais a prol da língua galega, adoptando unha actitude firme de defensa da mesma e ao cumprimento da obriga de expresarse en galego, por parte dos cargos do Concello, tal e como recolle a Ordenanza Municipal de Normalización Lingüística.

 

Dinamizador da normalización lingüística

Iván Rivas, portavoz municipal do BNG, considera que o goberno local de Ferrol debería actuar como o elemento dinamizador da normalización lingüística no ambito municipal, pero constata que existe unha excesiva relaxación, por non falar de animadversión, por parte dos membros do goberno local à hora de velar polo cumprimento da Ordenanza Municipal de Normalización Lingüística e a súa aplicación no conxunto de iniciativas impulsadas ou subvencionadas polo Concello de Ferrol.

Para o BNG o uso anecdótico da lingua galega tal como está a facer este goberno municipal só contribúe a aumentar a súa marxinalidade e o comportamento ritual que o goberno esta a ter respecto do consello sectorial da língua ao convocalo sen unha periodicidade fixa, e convocalo unicamente cando se aproxima a data do día das letras galegas, para xustificar a súa existencia, non fai máis que demostrar o escaso compromiso deste goberno co noso maior símbolo identitario.

Iván Rivas, portavoz nacionalista, considera que compre encher de contidos reais as xuntanzas do Consello da Lingua, polo que defenderá esta proposta na xuntanza que se celebra mañá e na que tamén se busca que o Concello manifeste o seu compromiso coa extensión social do uso do galego, a recuperación de ámbitos e usos para o mesmo, tanto no ámbito cidadán como da administración e entidades dependentes do concello e que se aborde a posta en marcha e cumprimento do Plano de Normalización.

 

 

 

Lea también

Los bomberos de Ferrol dejan de prestar servicio en otros seis municipios de la comarca

El presidente de la junta de personal del Ayuntamiento de Ferrol, Javier Sandá (CSIF), ha …

2 comentarios

  1. El BNG debe tener en cuenta en sus reivindicaciones lingüísticas que la Ordenanza del Ayuntamiento Ferrolano sobre normalización lingüística es inconstitucional y por lo tanto exigir su cumplimiento es Ilegal . También debe tener en cuenta que los ferrolanos hablamos lo que nos da la gana y nadie està facultado para imponer lo que la mayoría rechaza. Bastantes problemas tienen los ferrolanos para crear problemas artificiales que nada resuelven.

  2. Quien siembra tormentas recoge tempestades; si no aprobasen normas estúpidas, no vendrían los fanáticos del Bng a exigir su cumplimiento. ¿Cuándo nos vamos a enterar que la normalización lingüística es liberticida porque invade la esfera individual de libertad? Estos colectivistas do Bng, defensores de China y Corea del Norte, no pueden tener normas de las que echar mano, porque nos echaran la soga al cuello.