O Consello Municipal da Língua rexeita pedir aos concelleiros que se expresen en galego

pleno dia 26O Consello Municipal da Língua, de Ferrol, na reunión celebrada na tarde do martes, día 19, non aprobou a proposta do BNG para que este orgao de participación cidadá elevara ao Pleno da Corporación unha proposta de declaración institucional na que instaban ao alcalde e ao conxunto de concelleiros da corporación municipal ao cumprimento da Ordenanza Municipal de Normalización Lingüística

Esta proposta non foi aprobada ao votar en contra os dous representantes do Partido Popular e negarse a participar na votación os representantes da Cordenadora de Equipas de Normalización lingüística, Izquierda Unida e o PSOE. O BNG reitera que seguirá a traballar pola extensión de usos do galego e seguirá a evidenciar o uso anecdótico e o escaso compromiso coa lingua galega que está a ter o goberno municipal de Ferrol o que só contribúe a aumentar marxinalidade da nosa língua.

Comunicado do BNG

Nun comunicado o Bloque Nacionalista Galego lamenta “non haber aprobado a súa proposta e a dar exemplo cívico no compromiso coas normas legais a prol da língua galega, adoptando unha actitude firme de defensa da mesma e ao cumprimento da obriga de expresarse en galego, por parte dos cargos do Concello, tal e como recolle a Ordenanza Municipal de Normalización Lingüística independentemente do uso que poida facer cada un dos membros da corporación fora da súa actividade pública.»

Reitera que «seguirá a traballar pola extensión de usos do galego e seguirá a evidenciar o uso anecdótico e o escaso compromiso coa lingua galega que está a ter o goberno municipal de Ferrol o que só contribúe a aumentar marxinalidade da nosa língua».

O BNG sinala que “quere agradecer publicamente à Mesa Pola Normalización Lingüística o seu apoio a esta proposta que tiña como obexcto que o Concello exprese o seu compromiso coa extensión social do uso do galego, a recuperación de ámbitos e usos para o mesmo, tanto no ámbito cidadán como da administración e entidades dependentes do concello ademais de encher de contido este orgao de participación municipal”.

 

Lea también

Corte de tráfico en Ferrol por obras en la red de saneamiento

Emafesa informa que debido a la necesidad de realizar una actuación en la red de …