Presentados catro novos fósiles de cetáceos descubertos pola SGHN

alcalde-sghnO alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela, participou hoxe na presentación de catro novas especies fósiles de cetáceos da Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) de Ferrol. O acto contou ca presenza do Presidente da SGHN, Serafín González; do coordinador da entidade, Juan Ignacio Díaz da Silva; e o científico que lidera a investigación, Ismael Miján.

O rexedor municipal manifestou a súa satisfacción polo traballo permanente e a colección de fósiles coa que conta a Sociedade Galega de Historia Natural. “Labor que permite que unha das mellores coleccións do mundo este na nosa cidade”, salientou. Ademais, destacou o convenio permanente que o Concello de Ferrol realiza coa SGHN e sinalou que “confío en que canto antes poda darse un pulo ás actividades da sociedade”.

Pola súa banda, o presidente da SGHN subliñou que esta entidade “naceu fai 40 anos para o estudio e defensa do patrimonio natural galego e o seu aniversario coincide có descubrimento de estas catro novas especies de cetáceos”. Así mesmo, o coordinador, Juan Ignacio Díaz, agradeceu aos mariñeiros que cedan á entidade os achédegos que atopan no mar, “o quen os permite seguir investigando e contar cunha colección fixa”.

 

 

 

 

Lea también

Los bomberos de Ferrol dejan de prestar servicio en otros seis municipios de la comarca

El presidente de la junta de personal del Ayuntamiento de Ferrol, Javier Sandá (CSIF), ha …