De narcorrecorridos. Orwell e infantas

Miguel AlonsoMiguel Alonso

Non ando con moito tempo pero pasaron tantas cousas nos últimos días que non me atrevo a deixalas pasar de todo.

En primeiro lugar,comentarlles que, debido á miña habitual sagacidade musical á hora de atopar os ritmos e sons adecuados para o gran público, insto a tódolos meus amigos músicos a compoñer un narcocorrido. Eu farei o mesmo, que parece que a cousa ten futuro. Ah! Pero din que Feijóo non sabía nada de que o seu amigo fora narcotraficante. Ben, habería que recordarlle ao presi que el botou escuma pola boca pedindo a dimisión de Anxo Quintana como vicepresidente cando ao do BNG o descubriron no iate daquel empresario. Ollo, que para min aquilo foi gravísimo, pero, amigo Feijóo, máis grave é navegar por aí cun narco. Os seus votantes deberían meditar se poden confiar nun presidente que non se decata de nada, polo visto. Xa lles ensinarei o narcocorrido se algún día chego a facelo. Polo momento, os humoristas galegos xa teñen tema para falar, sobre todo despois das declaracións do presidente nas que di que non lembra onde foi con Marcial Dorado, pero que alí “había nieve”. Toma metáfora.

Por outra banda, parece que Rajoy lle colleu gusto a iso de imitar o 1984 de Orwell e aí segue, falándolle aos periodistas a través dunha pantalla de plasma e sen permitir preguntas. A miña dúbida é: de que ten medo? Os españois merecen sabelo. Iso si, como a vez anterior xa lles mandei un tirón de orellas, agora mándolles outro máis forte a tódolos medios que foron alí a cubrir a noticia. Se non che permiten facer preguntas, para que vas? Que che envíen unha nota de prensa ou, xa postos, que Rajoy colgue a súa intervención no Youtube. Total, vai causar o mesmo efecto.

E xa por último, como saberán, imputaron á Infanta Cristina. Parece que ao final non colou iso de que non sabía nada das actividades do seu marido. Como me dicía a min un coñecido fai pouco, “cando eu fago algo, a miña muller sempre me pilla”. En fin. Veremos en que queda o asunto e se o xuíz Castro demostra ou non a súa suposta participación nas trangalladas de Urdangarín. Patético, iso si, o comunicado da Casa Real criticando a actuación xudicial. Non dixo, maxestade, que todos eramos iguais ante a lei? Iso non o cre vostede nin o creo eu tampouco, pero que non se note, polo menos, home.

 

 

Lea también

«Só Elas» en su V Aniversario

Julia M.ª Dopico Vale En abril de 2019 se presentaba ante el público ferrolano la …

Un comentario

  1. Don Miguel, don Miguel que no es así, ya me parece usted un vulgar periodista.
    Que una verdad no le estropee un buen titular.
    El Sr. Feijjo en aquellas fechas no navegaba con un narco, lo màs con un contrabandista de tabaco que no es lo mismo. Incidir en atacar a Feijoo por unas fotos de hace unos 20 años, le coloca en el bando adecuado de esa ideología que busca destruir al adversario a toda costa , con razón o si ella.
    Coincidir con el periodismo vicario de la izquierda al no distinguir entre una verdadera «rueda de prensa» de unas singulares declaraciones ,es igualmente apuntarse a las críticas sin fundamento que muchos hacen para atacar a Rajoy.
    Por ultimo criticar a la Casa Real , al declarar esta su sorpresa ante el cambio de actitud judicial poco justificado en la imputación de la Infanta, abunda en la reciente teoría de arrojar cizaña sobre la monarquía para desprestigiarla. No es oro todo lo que reluce, como no todo lo que se dice de la Infanta està probado, por eso aunque a usted le parezca lo contrario todos somos iguales ante la ley , y así se està demostrando en este caso, con imputación o sin ella.
    Antes de dar opiniones contundentes sobre los acontecimientos recientes conviene informarse en muchas y diversas fuentes para poder tener un amplio conocimiento de lo que se està cociendo y no propagar alegremente la fácil demagogia de una ideología que se aprovecha de las apariencias para demonizar al adversario, cosa que semanalmente usted practica y yo crítico en uso de nuestra probada libertad de expresión. Saludos Don Miguel y suerte con la inspiración de su musa.