Sestayo mantivo unha xuntanza cos traballadores de FIMO e presentou iniciativas parlamentarias

fimo-trabajadores 8A deputada autonómica socialista Beatriz Sestayo presentou esta mañá unha batería de iniciativas parlamentarias dirixidas a solventar os graves problemas polos que están a atravesar os traballadores de FIMO, cos que a tamén secretaria xeral ferrolá, acompañada por representantes da Executiva Local e do grupo municipal socialista, mantivo unha xuntanza.

Así, Sestayo insta á Xunta de Galicia a urxir a constitución da Fundación anunciada para a xestión de FIMO e a solventar “inmediatamente” a situación dos seus traballadores, “manténdolles o emprego e pagándolles as nóminas que se lles adebedan”. Ademais, pregunta ao Goberno autonómico do PP polas medidas que pensa tomar para poñer fin “á dramática situación de FIMO e polas subvencións que recibiron as últimas actividades que se celebraron neste recinto ferial, como Equiocio ou Fevino, así como as axudas que percibiu a propia Feira».

Como destaca Sestayo na exposición de motivos das súas iniciativas, a Feira de Mostras do Noroeste é a decana de Galicia, cunha historia de máis de 50 anos e un prestixio a nivel estatal pola celebración de diferentes actividades cun nivel de éxito moi relevante. Un recoñecemento que choca frontalmente coa situación “dramática” na que se atopa FIMO nestes momentos pola “absoluta falta de atención por parte dos representantes públicos do Concello, Deputación e Xunta de Galicia, cinguida exclusivamente a asuntos mediáticos que se extinguen ao rematar a xornada en cuestión”.

De feito, a plantilla fixa, integrada por nove traballadores, leva seis meses mensualidades sen cobrar e dúas pagas sen percibir, “estando nunha situación de penuria”. Así o asegurou a deputada socialista, que ademais de denunciar a nula atención ás súas demandas por parte do Concello, que é o socio maioritario de FIMO, criticou duramente ao presidente da Deputación (Diego Calvo) e á Xunta de Galicia por anunciar en diferentes ocasións a constitución dunha Fundación integrada polas tres administración –que estaría creada en xuño de 2012- sen que ata o momento non teña acontecido ningún avance ao respecto.

A realidade, unha vez máis, amosa as mentiras das administracións PP, xa que a día de hoxe o certo é que nin a Fundación está constituida, nin se fan actividades públicas, nin se paga aos traballadores e, unha vez máis, a comarca de Ferrol está a perder unha fonte de emprego e de dinamización económica”, manifestou Beatriz Sestayo.

 

Lea también

‘Pingüin’ nova proposta de Afundación para escolares en Ferrol

El Auditorio de la Sede Afundación de Ferrol acoge la última propuesta escénica de la …

Un comentario

  1. Al pan pan y al vino vino. Sra. Sestayo FIMO no es viable , es una máquina para gastar lo que no se tiene, es solo,y desde hace años una feria de chorizos y jamones , que no da para màs.
    Por eso y aunque lo diga el PP : «Alejandro Langtry, concejal de Economía e Facenda del Concello de Ferrol y vicepresidente del recinto, no descarta el cierre si el plan de viabilidad no sale adelante . «Estamos trabajando con el borrador que nos han enviado. Pero la situación está tan mal que solo caben dos opciones: o se aprueba un plan de viabilidad realista o FIMO no tiene remedio. La deuda real actual, excluidas amortizaciones, es de más de 1,8 millones de euros, una cifra descomunal», dijo, al tiempo que anunció una solución para la próxima semana.»
    Convenzanse ferrolanos el rey està desnudo,desde hace muchos años , y sólo el cierre podrà vestirlo.