Rematados os traballos de limpeza no río Freixeiro, en As Neves-Narón

rio freixeiro-2A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, vén de rematar os traballos de mantemento, conservación e mellora do río Freixeiro nos lugar das Neves na parroquia do Couto do Concello de Narón (A Coruña). O treito obxecto desta limpeza ten unha lonxitude de case un quilómetro e o Goberno galego fixo unha achega económica de máis de 11.000 euros para a execución desta mellora.

As actuacións consistiron na retirada dos residuos, árbores e ramas caídos ao leito, ademais do desbroce das beiras. Estas tarefas evitarán o risco de formar atrancos, en caso de arrastre, posto que, ata agora, o río atopábase con distintos obxectos que impedían o correcto transcorrer das augas.

 

rio freixeiro-1

Estas obras enmárcanse no programa de mantemento e conservación do dominio público hidráulico das bacías de Galicia- Costa e as súas zonas de acceso e protección. Medio Ambiente pretende conservar os contornos naturais dos concellos galegos, polo que se, fomenta o respecto á natureza, así como o desenvolvemento económico e social dos municipios galegos. Nas seguintes imaxes amósase a situación na que quedou tras os traballos de limpeza e antes da actuación.

 

 

 

Lea también

Narón acomete melloras no firme de varios parques infantís

A alcaldesa da cidade de Narón, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Obras e Urbanismo, …