Os socialistas de Ferrol celebran as «I Xornadas para conmemorar a Segunda República»

semana republicaEntre os días 8 e 14 de abril, os socialistas de Ferrol celebrarán as que serán as I Xornadas para conmemorar a Segunda República, unha iniciativa que levará o nome de “República: Por unha Segunda Transición”. Como explicou  en rolda de prensa a secretaria xeral do PSdeG-PSOE de Ferrol, Beatriz Sestayo, durante os vindeiros días virán á cidade algunhas persoas expertas en diferentes cuestións vencelladas coa organización do Estado e temas políticos de actualidade.

O primeiro en falar será o deputado do PSC Ferrán Pedret, que presentará o seu libro “Nosotros los federalistas. Cataluña en la encrucijada”.

O día 10, mércores, o doctor en Dereito Civil e alcalde socialista de Ares, Julio Iglesias, abordará a organización territorial do Estado, mentres que o xoves 11 virá a Ferrol o fiscal superior de Galicia, Carlos Varela, para ofrecer unha conferencia co título “Corrupción e política, enemigos íntimos?”. As tres charlas, que serán presentadas pola propia Sestayo, desenvolveranse na Galería Sargadelos e comezarán ás oito da tarde.

 Acto Central

A semana rematará co acto central, que se celebrará o mesmo día de conmemoración da Segunda República, o día 14. Nesa xornada, o cine Duplex acollerá un Cine-forum, que levará o título de “As mulleres: Dende a República á perda de identidade”. Esta iniciativa, que comezará ás doce do mediodía, inclúe o pase do documental “Señora de” e unha introducción por parte de Enrique Barrera, que falará sobre os dereitos acadados durante a Segunda República.

 

 

 

 

Lea también

Inauguración en Ferrol de la «II Festa do Marisco de Semana Santa»

Se celebra hasta el próximo domingo bajo una carpa en el muelle ferrolano de Curuxeiras …

2 comentarios

  1. Beatriz Sestayo debe estar muy orgullosa de la actuación del PSOE en la República, que ya está pensando en la tercera. A lo mejor en esta el Ayuntamiento de Ferrol le declara la guerra al de Narón por un quítame allá unas leiras.
    En esta segunda transición, que la primera se les queda pequeña, ya irán de cabeza al sistema de partido único, el suyo como Cuba, China o Corea del Norte sus modelos de referencia, como todo buen marxista que se precie.. Estos demócratas de toda la vida, ya se sabe, la democracia sólo para «eles».

  2. Yo màs bien pienso en la profunda ignorancia que debe tener esta joven Sra sobre lo que fue y lo que de democrático tuvo aquella República. Creo que Sestayo, sólo conoce el lema del felpudo de IKEA y poco mąs , por eso como pionera de esa utopica república, se anima a organizar estas primeras jornadas conmemorativas de aquel tan infausto acontecimiento, confundiendo en su ignorancia el mérito de IKEA con el desastre que la II supuso.