Neda da protagonismo a Thomas Mann na XI edición das súas xornadas literarias

Personen / Schriftsteller / Deutschland / Mann, Th. / Porträts O Premio Nobel de Literatura Thomas Mann será o protagonista da XI edición das Xornadas Literarias de Neda, organizadas polo Concello coa colaboración da Facultade de Humanidades da Universidade da Coruña para conmemorar o Día Mundial do Li-bro. Celebraranse os días 24, 25 e 26 de abril, no campus ferrolán e na Casa das Palmeiras de Neda. As persoas interesadas en participar no evento, de resonancia e prestixio internacional, poden inscribirse gratuitamente na Casa da Cultura de Neda, a través do e-mail cultura@neda.dicoruna.es ou por teléfono 981 39 02 33.

O alcalde, Ignacio Cabezón, inaugurará as xornadas o día 24 en compañía do vicedecano da Facultade de Humanidades, José Luis Montero Fenollós. Será a partires das 19,30 horas, no Campus de Esteiro. As súas intervencións darán paso á primeira conferencia que, baixo o título «Thomas Mann: la humanización de un mito I«, correrá a cargo da profesora, escritora e tradutora Anna Rossell.

Xoves e venres as xornadas trasladaranse á Casa das Palmeiras. E, en ámbolos dous casos, a hora de inicio será ás sete e media do serán. Así, o xoves terán un papel destacado os alumnos e alumnas do Clube de Lectura da Biblioteca do IES Fernando Esquío. Centrarán a súa participación na obra de Thomas Mann «Morte en Venecia». O seu taller precederá a intervención de Anna Rossell, que continuará a profundizar na vida, traxectoria e obra do autor. De seguido, coloquio aberto á participación do público asistente e, pechando as xornadas, música. Concerto da artista Bea García e o seu tributo ao Cabaret dos anos 30. Iso si, con traslado de escenario, xa que o recital celebrarase na Casa da Cultura.

Así mesmo, o venres, a Asociación Galega de Xermanistas, representados en Silvia Aldrei e Alba Viñas, impartirán un curso básico de alemán, unha das actividades máis novidosas das xornadas. A tradutora e profesora da Facultade de Filoloxía da USC, Rosa Marta Gómez Pato, ofrecerá a conferencia «De viaxe con Thomas Mann«. E, de seguido, tomará o relevo José Manuel Sande, programador do CGAI e especialista en cine e literatura. A súa intervención leva por título «Anxos da morrte e demos: Thomas Mann e o cine» e, tras un turno para que o público asistente expoña a súa visión sobre os coloquios, procederáse á proxección do filme «Muerte en Venecia«, dirixido por Luccino Visconti.

 

 

 

Lea también

San Sadurniño dispón dunha nova canle de Whatsapp

Un medio de información que vén sumarse ás distintas plataformas municipais coa finalidade de que …