Neda inaugura o calendario de conferencias en torno ao Centenario do tren Betanzos-Ferrol

ramalillo-cumpleA Casa das Palmeiras de Neda acollerá este venres, día 19  unha conferencia do historiador Guillermo Llorca Freire. Será a partires das 20 horas con entrada libre e gratuíta. A charla leva por título “A chegada do tren: unha reivindicación histórica” e inclúese na programación de actos do Centenario do ferrocarril Betanzos-Ferrol.

Un programa que organiza un comité integrado polos concellos de Ferrol, Betanzos, Miño, Cabanas, Fene, Narón, Paderne, Pontedeume, Mugardos e Neda e a Asociación de Amigos do Ferrocarril coa colaboración de goberno central, Xunta de Galicia e deputación da Coruña.

Así, o calendario de actividades arrancaba esta semana coa inauguración da exposición “Centenario del ferrocarril Betanzos-Ferrol. Historia y patrimonio” na Fundación Novacaixagalicia, en Ferrol. A mostra recolle fotografías do periodo comprendido entre 1898 e 1980 xunto con material ferroviario e permanecerá aberta de luns a sábado entre as 11 e as 14 e as 18 e as 21 horas ata o próximo 30 de maio. Paralelamente, os concellos acollerán conferencias como a que se celebra este venres e, o próximo 5 de maio, organizaráse unha viaxe nun tren histórico entre Ferrol e Betanzos.

Construcción del puente del tren en Puenteume
Construcción del puente del tren en Puenteume

 

 

 

Lea también

XIX Xornadas literarias de Neda centradas en la literatura japonesa

Todo a punto para el inicio este jueves 25 de las “XIX Jornadas literarias de Neda” que …