Faleceu en Vigo Henrique Otero o gaiteiro de Fragoso

enrique_oteroHenrique Otero Covelo, coñecido como O Gaiteiro do Fragoso, acaba de falecer, segundo publica a Asociación de Gaiteiros Galegos no seu web.

Otero, nado en 1930 en Lavadores, Vigo, creou o primeiro método moderno de Galicia para gaita e supuxo unha figura de transición entre os gaiteiros tradicionais e os actuais. Ademais, foi autor de máis de dúascentas pezas musicais que se incorporaron ao repertorio de diferentes grupos do país e o seu traballo foi clave para que se oficializasen os estudos de gaita polo Ministerio de Educación. A súa obra foi recoñecida co premio Constantino Bellón, do Ateneo Ferrolán.

A capela ardente instalarase Tanatorio Vigo Memorial a partir deste venres, día 19, ás 13 horas.

 

 

 

 

 

Lea también

El Festival Ilustrado regresa a Ferrol en junio

Ferrol acoge los días 14,15 y 16 de junio un evento único en España que …