Neda acollerá este domingo, 28 de abril, a primeira edición do Enduro Vila de Neda

enduro galiciaNeda acollerá este domingo, 28 de abril, a primeira edición do Enduro Vila de Neda. Promovida pola Liga Galega de Moto de Campo coa colaboración do Concello, a competición contará coa presenza de pilotos da categoría de Daniel Carracedo, con experiencia no Mundial de Enduro e nos Six Days. O circuito consta dun percorrido de 40 quilómetros de monte con varias zonas de dificultade técnica e outros 7,5 divididos en dous tramos cronometrados. Lugares dun atractivo natural impresionante que pilotos e público asistente poderán descubrir o día 28.

O calendario principiará ás 8,30 horas, coas verificacións técnicas e administrativas no adro da igrexa de Santa María. No mesmo escenario, pero a partires das 11,30 horas, a proba dará comezo coa saída do primeiro piloto. E, en torno ás 17,30 horas, prevese o acto de entrega de premios.

A cita congregará a máis de 140 pilotos, procedentes do territorio nacional e de Portugal e a competición constará de oito categorías: clásica, fémina, élite, enduro 1, enduro 2, enduro 3, veteráns e endureiros.

Doutra banda, o Concello de Neda destaca as positivas repercusións que este tipo de citas teñen para a economía local e a súa incidencia nos establecementos hosteleiros e de restauración, especialmente en tempada baixa.

 

 

Lea también

La Mancomunidad de Concellos celebró en Valdoviño una jornada técnica de turismo

Valdoviño acogió esta semana una charla técnica organizada por la Mancomunidad para dar a conocer …