O BNG en desacordo de que o Concello subvencione as entradas para os partidos do Racing

RACING-FERROL-300x300O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol manifestou na mañá deste mércores, día 24, o seu desacordo coa decisión do Goberno Local de subvencionar a venda de entradas para o play-off de ascenso que xogue o Racing de Ferrol por considerar que nestes momentos de crise económica na nosa cidade existen prioridades sociais mais importantes á que destinar unha partida económica á subvencionar un partido de futbol.

«Para o BNG- sinalan nun comunicado- resulta esencial fixar un criterio riguroso à hora de priorizar o gasto público sobre todo cando estamos atravesando unha etapa económica dificil, mesmo cando desde o Goberno Municipal se estan a recortar axudas a entidades sociais, cando se pide à cidadanía maiores esforzos fiscais, cando reducimos axudas a clubes deportivos de base.

O BNG, indicou que, a maiores desta axuda da que se descoñece o custe real que vai ter para as arcas municipais, o concello de Ferrol xa ten aportado este ano ao Racing de Ferrol unha axuda de 230.000 €, que supón o mesmo gasto que o que teoricamente vai a destinar à reparación de vivendas en Recimil para poder entregalas aos beneficiarios/as.»

Lea también

El alcalde de Ferrol mantiene una reunión con la presidenta de Dignidad, Lola Romero

El alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, se reunió en la mañana de este …