Confraternización entre os IES de Mugardos e Fraga do Eume

instituto fragas do eumeEste luns, día 29, comezarán as actividades de confraternización enmarcadas dentro dos actos de celebración do 25º aniversario dos institutos de Mugardos e Pontedeume.

Nesta primeira ocasión, os integrantes dun dos clubs de lectura do IES de Mugardos desprazaranse a Pontedeume para coñecer a biblioteca escolar do IES As Fragas do Eume. A visita xira ao redor da lectura da novela La casa de la linterna. Para iso contarán  coa presenza do autor e profesor Carlos de Castro Álvarez, e realizarán  unha visita guiada polos escenarios da novela ambientada tras a guerra civil.  A visita a vila do Eume rematará cun xantar de irmandade.

As actividades terán continuidade coa visita a Mugardos e cun encontro deportivo entre os dous centros que naceron no mesmo ano 1987 e compartiron as instalacións en Pontedeurme durante os dous primeiros cursos.

 

Lea también

Valdoviño-Feirón mensual del municipio

Los vecinos y visitantes de Valdoviño tienen cita este domingo 26 de septiembre en el Feirón Mensual del …