Convocado polo CMI «Unidade de Fene» o premio de poesía «Pérez Parallé»

perez paralleO Círculo Mercantil e Industrial Unidade de Fene, coa colaboración do  Concello de Fene e a editorial «Espiral Maior», fai pública a  convocatoria dunha nova edición do Premio Nacional de Poesía «Xosemaría  Pérez Parallé».

O Pérez Parallé convócase co obxectivo de colaborar na promoción de   novas voces, polo que para participar é requisito imprescindíbel non ter   publicado ningún libro individual de poesía.

As persoas en participar nesta convocatoria teñen de prazo até o 30 de setembro  para presentar os seus orixinais.

Os autores e autoras participantes presentarán un libro de poesía en lingua galega. É responsabilidade do xurado do premio determinar se algún dos traballos presentados posúe ou non as características para ser considerado “libro”.

Porén, recoméndase que teñan unha extensión mínima de 300 versos.

O premio consistirá na edición do libro na Colección de Poesía Espiral Maior no máis breve prazo posíbel. Terá tamén unha gratificación económica de 500 € (suxeitos ás retencións impositivas que marca a lei) e, como símbolo do premio, entregarase á persoa gañadora unha escultura obra de Francisco Pérez Porto, artista plástico, fillo de Xosemaría Pérez Parallé

Lea también

Ares entrega os premios do IV Concurso de Escritura Creativa de Microrrelatos Escolares

Concello de Ares e CPI As Mirandas entregaron esta semana os premios do IV Concurso …