Amplo programa de actos en Ultramar para celebrar as festas do barrio

plaza ultramarA Asociación de veciños do barrio de Ultramar informa da próxima festividade na honra do seu patrono Santo Domingo para a vindeira fin de semana. Novamente, o barrio de Ultramar volve a ser referente festivo durante esta época e a organización anima a visitar e coñecer os establecementos comerciais e hostaleiros da zona.

Os festexos comezan o xoves 16 de maio co xa tradicional Bingo Social do Patrón, que se celebrará ás 20:30h no local da entidade veciñal na rúa Sartaña 20. De seguido, no mesmo lugar, haberá unha exhibición de bailes de sevillanas.
O venres 17 de maio, a partir das 17 horas, no mesmo local da asociación veciñal, se exporán obras de J.J. Veiga con motivo da celebración das Letras Galegas. Xa pola noite, ás 21:30 na Praza de Ultramar, haberá unha actuación musical de Chanel.
O sabado 19 de maio as festas comezan cunha festa infantil que terá lugar ás 17 horas na Praza de Ultramar. Unha vez finalizada esta, ao redor das 19 horas, dará comezo a I Recreación do Sitio Francés a Ferrol no ano 1809. Entre as 19 e as 20 horas soldados franceses exhibirán un campamento napoleónico e explicarán cada un dos elementos empregados nel. Ademais, farán unha demostración ás persoas asistentes do vestiario, as armas, a terminoloxía e máis aspectos destacables da época. Ás 20 horas, recrearán a toma dos campamentos por parte das tropas francesas e as loitas sufridas polos soldados no século XIX. Ás 20:30 horas a agrupación Terra Meiga amenizará aos asistentes co seu magnífico repertorio, mentres as tropas se sitúan para que ás 21:30 comecen a Toma do barrio. A partir desa hora, os soldados se dividirán en dous grupos que farán a súa entrada en Ultramar dende dous puntos: a rúa Sánchez Calviño e a rúa Nova de Caranza, e percorerrán diversas rúas do barrio facendo demostracións armamentísticas. O encontro e a batalla entre ambas tropas terá lugar na Praza de Ultramar, unha vez finalizado o percorrido polo barrio. Durante esta xornada, os establecementos hostaleiros da zona ofrecerán unha degustación de pinchos do patrón.
O domingo 19 de maio, como remate destas xornadas festivas, a partir das 12 horas a Agrupación Nuestra Señora del Nordés OJE Ferrol actuará percorrendo diversas rúas do barrio ata as 12:30 horas, que terá lugar a misa solemne na Igrexa de Santo Domingo. Unha vez finalizada esta, a banda da OJE continuará o seu percorrido musical na Praza de Ultramar e pola zona.
Ademais, a AVV Ultramar informa de que durante todo o mes de maio, volverá a recoller alimentos non perecedoiros para o grupo de Caritas da zona. Todas as persoas que desexen facer a súa aportación poden pasar polo local social da entidade na rúa Sartaña 20 baixo de luns a venres en horario de 11 a 13 horas e de 17:30 a 19:30 horas.

Lea también

Psoe Ferrol «hai fórmulas para a estabilidade económica de Emafesa sen subirlle o recibo aos veciños»

O grupo municipal socialista cree que «hai outras formulas para conseguir a estabilidade económica de …