A Casa das Palmeiras de Neda acolle unha exposición pictórica de José de Jesús López Andrade

lopez andrade A Casa das Palmeiras  de Neda acolle unha exposición coa obra pictórica de José de Jesús López Andrade.

Con entrada libre e gratuíta, poderá visitarse de luns a venres en horario de tarde (de 18 a 20 horas) e sábados e domingos, de mañá (de 12 a 14 horas).

Trátase dunha mostra integrada por 25 obras de diversos formatos. O autor formouse en debuxo artístico na Escola de Artes Visuais Cristóbal Rojas –Caracas, Venezuela– e cursou estudos de deseño gráfico con ferramentas informáticas en Oviedo, pero sen dúbida é o seu espíritu autodidacta o que marca a súa obra pictórica.

 

 

 

 

 

 

Lea también

Ares acada o epicentro de Atenas no marco do proxecto europeo ‘Sporural’

A concelleira de Deportes de Ares, Alma Barrón, e membros do equipo técnico deportivo e …