O grupo municipal socialista pide o arranxo do edificio da Cruz Vermella

cruz roja-1O Grupo Municipal Socialista insta ao goberno local a articular a fórmula para o arranxo do edificio onde se ubica a Cruz Vermella,  manifestando que a administración local debe procurar o estado de decoro das vías e edificios públicos, acometendo as obras necesarias naquelas de titularidade municipal.

Neste senso, os socialistas destacan que o Concello de Ferrol dispón dun edificio senlleiro, dispensario antituberculoso do ano 1908 na rúa do Sol 26, incluído nos itinerarios de visitas guiadas ofertadas polo Concello dende a Concellería de Turismo, e que forma parte da ruta modernista.

Dende fai anos o Concello asinou un acordo de cesión en precario do devandito edificio, coa Cruz Vermella para a súa utilización como sede local das súas actividades. Así, o edificio se atopa nun estado de deterioro visible, e o Concello de Ferrol debe procurar que o estado de conservación do mesmo sexa o axeitado, e articular as fórmulas necesarias para elo.

Así mesmo, o Grupo Municipal Socialista, a través da súa concelleira María López, cualifica de hipocrisía que o goberno non execute o que reclamaba na oposición. Neste senso, os socialistas lembran o preocupados que estaban polo devandito edificio cando estaban na oposición, e o esquecemento absoluto do mesmo en dous anos de goberno.

Falta de coherencia

A edil socialista critica a falta de coherencia do goberno local en asuntos tales como   as unidades básicas de traballo social na cidade, lembrando que na oposición propoñían crear unha unidade básica de traballo social no rural, e cando chegaron ao goberno, non so non a fixeron, senón que eliminaron a unidade de traballo social que o anterior goberno socialista tiña programado poñer en marcha no centro cívico de San Pablo, un dos barrios máis necesitados dun plan comunitario específico pola súa problemática social.

Neste senso, os socialistas censuran a forma de entender a política do partido popular, no que “na oposición piden unhas actuacións, e cando están no goberno as relegan ao esquecemento.”

Así mesmo, o Grupo Municipal Socialista lembra que os populares na oposición reclamaban a construción dunha zona de ocio para pequenos e maiores no barrio de Caranza, petición que rexeitaron levar a cabo nestes dous anos que levan de mandato con maioría absoluta, nin nese espazo nin en calquera outro da cidade ata o de agora.

Outras propostas dos populares que quedaron nun caixón ao chegar ao goberno é a implementación do II Plan de Igualdade. Plan aprobado no anterior mandato e que o goberno popular ten totalmente paralizado, atopándose a piques de rematar a súa vixencia.- denuncia o Grupo Municipal Socialista.

 

 

 

 

 

 

Lea también

Ejecutadas actuaciones de limpieza en el «río da Sardiña» y arroyo de Aneiros, en Serantes

La Consellería de Infraestructuras e Movilidade, a través de Augas de Galicia, está ejecutando actuaciones …