O Consello de administración da empresa de Turismo, presidido polo alcalde, constata según o PSOE o erro político de ter pechada a oficina municipal

oficina-turismo-de-ferrol-_-magdalena_347925O Grupo Municipal Socialista alégrase de que por fin o alcalde recoñeza o seu erro político de ter pechado a oficina municipal de turismo, existente na cidade.

Así, o concelleiro socialista, Ramón Veloso, ven de asistir ao Consello de Administración da Empresa Mixta de Turismo, presidida polo alcalde da cidade, na que se constatou que é necesario  contar na cidade cunha oficina de turismo, cuestión que o Grupo Municipal Socialista leva denunciado en reiteradas ocasións no transcurso destes dous anos. “So actúan empuxados polas circunstancias, e con desgana”.- din os socialistas.

O Grupo Municipal Socialista quere lembrar que xa alertou deste tema nas emendas  aos orzamentos do ano 2013, na que propoñía que se habilitase un dos espazos existentes na Praza de España, que se atopan baleiros, para a finalidade de oficina de turismo, pola importancia que ten como motor de dinamización económica e polo de atracción de diversas actividades económicas.

Así mesmo, o concelleiro Ramón Veloso censura que o goberno local paralizou na súa chegada ao goberno local, a contratación pública de persoal para a concellería de turismo, polo que non hai o persoal suficiente para as labores de fomento do turismo, que ten que ter unha cidade como a nosa.- critican os socialistas. O Grupo Socialista considera inaudito que unha cidade como Ferrol non conte con oficina de turismo e co persoal necesario, con tantas bondades e atractivos que ten a nosa cidade.

Os socialistas denuncian o que isto supón para o turismo da cidade e ás empresas hostaleiras ferrolás, pola importancia que ten este sector como motor de dinamización económica e polo de atracción de diversas actividades económicas, polo que a variada oferta turística que pode mostrar o noso Concello pode supoñer ao longo de todo o ano unha demanda de traballo importante e necesaria, sobre todo nestes meses.

 

 

 

Lea también

La Cátedra Jorge Juan, promovida por la UDC y la Armada, conmemora su 30 aniversario en el Campus de Ferrol

El rector de la Universidad de A Coruña, Ricardo Cao Abad, preside, junto con el almirante …