O BNG esixe ao goberno local que acometa, xa, as obras de urbanización das rúas Basanta e Espiño

(camino de Basanta)
(camino de Basanta)

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol chama a atención do goberno local polo elevado índice de accidentes de tráfico que se están a producir no barrio de San Xoán, e urxe á urbanización imediata das rúas  «Basanta» e «Espiño».
O BNG salienta que existe unha forte demanda veciñal da necesidade de urbanizar estes viais e para que esta actuación contemple medidas que contribuan a garantir a seguridade vial nesta zona, garantir un mínimo de tranquilidade e seguridade aos peons que a diario transitan polos mesmos coa necesaria dotación de beirarrúas nestas rúas.
O BNG di que esta mesma fin de semana producironse varios accidentes na zona, lembra asi mesmo que por estas rúas adoitan a circular  moitas persoas  e lembran que é una rota utilizada amenudo polos nenos  que van ao  colexio.
Para o BNG resulta urxente que desde o concello e por parte do gobernó local se prioricen estes traballos de urbanización, que son demandas veciñais e que levan moitos anos de retrasos e promesas incumpridas.

Lea también

Psoe Ferrol «hai fórmulas para a estabilidade económica de Emafesa sen subirlle o recibo aos veciños»

O grupo municipal socialista cree que «hai outras formulas para conseguir a estabilidade económica de …