Galicia mantense á cabeza de España en número de bandeiras azuis no 2013

banderas azulesA Xunta de Galicia felicita aos concellos por manter a Galicia como a Comunidade Autónoma española con maior número de bandeiras azuis en 2013. Galicia acadou un total de 128 distincións, dúas mais que en 2012, encabezando un ano máis o ranking español, seguida nesta ocasión pola Comunidade Valenciana (114 bandeiras), Cataluña (90) e Andalucía (78).

O número de praias candidatas en 2013 elevouse aos 141 areais, polo que un 90% dos presentados acadaron este recoñecemento, que se distribúe ao longo de 36 concellos costeiros.

Incorpórase á lista o Concello de Fisterra con dúas bandeiras azuis para senllos areais deste municipio: Ribeira e Langosteira. O Concello de Moaña obtén tres novas bandeiras para os areais A Xunqueira, A Borna e O Porto. O concello con mais bandeiras segue a ser Sanxenxo, con 14 praias con esta distinción.

Na zona norte as bandeiras corresponden a:

 

Ortigueira….Valdoviño…. 

 

 Ferrol………

 Miño……….

 

 A Coruña……

Morouzos
A Concha
Meirás (Do Rio)
A Frouxeira
Pantín (O Rodo)
Baleo
Villarrube
Doniños
San Xurxo
Grande
Perbes
Praia da Ribeira
Riazor
Orzán-Matadero
San Amaro
As Lapas
Oza- Lazareto

 

 

Lea también

XLIV Memorial internacional Juan Varela-XXVII Trofeo de natación Concello de Ferrol

El concejal de Deportes, Ricardo Aldrey, ha presentado este miércoles 25 el XLIV Memorial internacional …