O PSOE preocupase por unha solución a Megasa e evitar o peche

megasaAs dúas parlamentarias socialistas, Beatriz Sestayo na Cámara galega e Paloma Rodríguez no Congreso, presentarán dun xeito inmediato e urxente , este mesmo mércores, unha batería de iniciativas encamiñadas a esixir das Administracións unha solución que pemita a Megasa continuar coa súa actividade. Na tarde deste martes, día 4,, as dúas deputadas, xunto co responsable de Economía e Industria do PSdeG-PSOE, Bruno Díaz, mantiñan unha reunión de traballo con representantes do comité de empresa da siderúrxica, que emprega a 190 persoas na fábrica de forma directa e arredor de 1.200 dun xeito indirecto.

No caso de Sestayo, ademais de rexistrar  iniciativas co obxectivo de ser abordadas á maior brevidade posible en Pleno e en Comisión, solicitou á saída da reunión un encontro do comité de empresa co conselleiro de Industria, Francisco Conde, para poder trasladarlle a necesidade de adoptar unha solución urxente, toda vez que a viabilidade da empresa e a continuidade de todos os postos de traballo da mesma dependen única e exclusivamente dunha decisión política. Hai que lembrar que ésta pasa pola revisión da Orde Ministerial que regula as tarifas eléctricas polas que se rixe esta compañía e os seus competidores.

Pola súa banda, Paloma Rodríguez tamén rexistrará iniciativas nas que tratará de aglutinar nunha mesma proposta parlamentaria a problemática que teñen outras empresas similares emprazadas noutros puntos do Estado, e pedirá con carácter urxente reunións cos máximos responsables do Ministerio de Industria e Enerxía, comezando polo seu propio titular, Jesús Soria.

Os representantes dos traballadores trasladaron ao responsable de Economía e Industria da Executiva Local socialista a súa preocupación polo devastador efecto que o peche da única siderurxia de Galicia tería sobre a comarca, máis aló das graves consecuencias para os propios empregados de Megasa. De feito, máis do 60% da produción da empresa sae por vía portuaria, o que suporía un máis que notable descenso do tráfico portuario local, e moitas empresas auxiliares do naval están a paliar con Megasa a carencia de pedidos en Navantia.

 

 

Lea también

Andainas saudables organizadas polo centro de saúde de Pontedeume da ASF

Un total de 25 persoas estreaban as andainas saudables organizadas polo persoal sanitario do centro de …