Duas interesantes exposicións en Neda

casa de las palmerasA Casa das Palmeiras de Neda acollerá esta semana exposición por partida doble.

Dende o día de onte, martes 4,  a Asociación de Amigos do Arte «As Palmeiras» exhibe os traballos realizados polos seus alumnos e alumnas durante o curso nas clases de pintura que, todas as semanas, se celebraron para nenos e maiores na propia Casa das Palmeiras. Son máis de sesenta obras, en diferentes técnicas como debuxo e pintura, creadas por rapaces dende os cinco anos en adiante. Con entrada libre e gratuíta, poderá visitarse ata o venres en horario de tarde, de 19 a 21 horas.

A partires do sábado, día 8, cambiarán horarios e compartirán espazo expositivo coa asociación Brosladeiras. Como vén sendo habitual nas últimas dúas décadas, a entidade dará a coñecer os traballos de bordado realizados polas súas alumnas tamén durante o curso. Dende xogos de berce ata sábanas ou mantelería. Auténticas obras de arte.

Inaugurarán o venres pola tarde e, durante sábado e domingo, tanto Brosladeiras como Asociación de Amigos do Arte «As Palmeiras», tentarán coincidir os horarios de apertura coa celebración do Mercado Medieval. De mañá, de 11 a 13,30 horas e, de tarde, de 17 a 20 horas.

Lea también

La Guardia Civil investigó a un vecino de Miño por circular dos veces con su coche en sentido contrario el mismo día

El Grupo de Investigación y Análisis de Tráfico (GIAT) del Sector de Tráfico de Galicia, …