O Concello de Neda abre o prazo para anotarse ao viaxe á Xuntanza de Maiores de Carballiño

o carballiñoAs persoas interesadas en asistir á cita, que terá lugar o próximo día 22, poden inscribirse nas oficinas de Servizos Sociais ata o próximo xoves.-

Con motivo da “Xuntanza de Maiores” que se celebrará na localidade ourensá de Carballiño o próximo día 22 de xuño, o Concello de Neda informou esta mañá a todas as persoas interesadas en asistir ao evento que poden anotarse nas oficinas de Servizos Sociais antes do próximo xoves, día 13. A inscripción deben formalizarse en horario de mañá, de 9 a 14 horas, e o prezo da viaxe en autocar é de 10 euros.

 

 

A “Xuntanza de Maiores” é unha cita anual que, neste 2013, cumprirá a súa XXXV edición. Cunha asistencia multitudinaria, está organizada pola Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Ourense, a través da Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar.

Lea también

Neda, se convierte en epicentro cultural de Ferrolterra

La Casa de las Palmeras ha acogido la inauguración de la XIX edición de las …