Inauguración da tempada de baño na piscina municipal de Neda

piscina_nedaO Concello de Neda inaugurará este sábado, día 15, a tempada de baño na piscina municipal. Así, o concelleiro de Xuventude e Deportes, Roberto Rey, explicou que estas instalacións permanecerán abertas ata o 15 de setembro e avanzou a celebración de cursos de natación polas mañás. Dirixidos a nenos e adultos, levaránse a cabo nos niveis de iniciación e perfeccionamento, cun custe de 12 euros para os menores de 14 anos e de 21 euros para os maiores desta idade. As persoas interesadas en participar deberán formalizar a inscripción na propia piscina, a partires do mesmo día 15. Ante as boas expectativas climatolóxicas, o obxetivo do edil foi apurar os traballos de acondicionamento das instalacións para estar en condicións de garantir a súa apertura esta mesma fin de semana.

Os horarios das instalacións serán de mañá e tarde. No primeiro caso, de luns a venres de 11,30 a 13,30 horas, tempo no que se combinarán cursos e baño libre. No segundo caso, de 16 a 20 horas, de luns a domingo e reservado para baño libre. O custe da entrada está establecido en 1,50 e 3 euros para menores e maiores de 14 anos respectivamente. Neste senso, o edil Roberto Rey informou de que veciños e veciñas poden expedir os seus correspondentes bonos para a tempada, co que se abaratan os custes. Así, o prezo dos individuais é de 15 e 21 euros para menores e maiores de 14 anos, namentras que o familiar é de 36 eu-ros. A piscina contará cun conserxe e un socorrista, que velará polo correcto uso das instalacións. De 25 metros por 15, ten unha profundidade que oscila entre os 1,20 e os 1,30 metros, facéndoa idónea para o uso dos máis pequenos.

 

 

Lea también

Un jurado declara no culpable a la mujer acusada de matar a su marido en Monfero

El Tribunal del Jurado ha considerado a la acusada de matar a su marido en …