O Concello de Neda habilita a piscina natural de «A Cobeluda» no rio Castro

cobeludaO Concello de Neda anunciou na mañá deste xoves, día 20,  que os servizos municipais procederon  ao peche da presa do río Castro co obxetivo de habilitar a piscina natural da que tradicionalmente disfrutan os veciños nos meses do verán na zona da Cobeluda. Unha zona de baño de 50 metros de lonxitude por 10 de ancho nun entorno privilexiado, en plena natureza. Así, esta mesma semana, a Consellería de Medio Ambiente remitía un informe ao Concello autorizando a medida. O peche da presa non só dá lugar á zona de baño, senón que tamén permite a captación de auga en caso de que sexa necesaria para a extinción de incendios na época estival. O peche será efectivo dende esta semana e a última de setembro.

Así mesmo, o concelleiro de Medio Rural, Roberto Rey, informou de que a posta en disposición da piscina natural coincidirá co remate das obras de construcción dun peche de seguridade en madeira tratada que actualmente executa o Concello na marxe dereito do cauce fluvial. Unha obra cuxo orzamento ascende a máis de 10.000 euros e que é posible levar a cabo grazas a unha subvención da Xunta de Galicia.

Xunto a esta zona se ubica o local social da Cobeluda e dispón dunha área recreativa que atrae o interese de centos de veciños a diario nos meses de verán. Ubícase na mesma un área para barbacoas para disfrute de pequenos e maiores e, nos próximos días, contará con renovados bancos e mesas grazas a unha achega da Deputación Provincial da Coruña para este fin concedida á sociedade cultural recreativa.

 

Lea también

Un trabajador herido al caer desde un puente a las vías del tren en O Barqueiro

Un trabajador fue trasladado después de caer desde un puente a las vías del tren …