Inicio dos traballos de reparación do albergue de peregrinos de Neda

neda-albergue peregrinosO Concello de Neda anunciou na mañá deste mércores, día 26, o inicio dos traballos de reparación da cuberta do Albergue Municipal da localidade, o primeiro para os peregrinos que realicen a Ruta Xacobea percorrendo o Camiño Inglés.

Así, hai meses, o goberno municipal iniciaba as xestións coa Oficina Técnica do Xacobeo para recabar a súa colaboración de cara a financiar a intervención necesaria para reparar a citada cuberta. Técnicos do servizo desprazáronse entón á localidade para realizar un informe e a correspondente valoración económica duns traballos que comezaban esta mesma mañá.

Fundamentalmente, a cuberta presentaba tellas danadas e descolocadas, desperfectos en canalóns e deficientes remates. Todo isto viña a provocar filtracións ao interior e danos no falso teito. Problemas que agora terán solución coas obras previstas.

O Albergue de Peregrinos de Neda data de finais da década dos 90. É unha construcción realizada en bloque con cuberta de tella, de pranta baixa e porche cuberto. De 198 metros cadrados construídos, repártese en diferentes estancias: dormitorio con capacidade para 28 persoas en literas; aseos e duchas; zona de estar; estancia para persoas con diversidade funcional; cociña equipada; conserxería e oficina.

Grupo dende Guipúzcoa

Nesta liña, a concelleira de Promoción Turística, Montse Rico, destacou a importancia das instalacións, de uso gratuíto e a disposición dos peregrinos durante todo o ano. De feito, e con independencia de que sexa Ano Santo, o Albergue rexistra exercicio tras exercicio un aumento progresivo na cifra de usuarios. Precisamente, este mesmo venres, día 28,, recibirá a visita dun grupo integrado por medio centenar de persoas procedentes de Guipúzcoa que iniciarán nesa xornada o Camiño Inglés.

 

 

 

 

Lea también

16 negocios de hostelería participan en una nueva edicion de “Neda a petiscos”

El Ayuntamiento ha presentado este viernes 19 una nueva edición de “Neda a petiscos”. La …