O grupo municipal socialista critica o retraso na atención aos comedores sociais

comedor-socialO Grupo Municipal Socialista ven de denunciar os máis de dous anos de retraso na extensión da rede de comedores sociais. Neste senso, a concelleira socialista María López critica que fose paralizada á chegada do goberno dos populares, e que a contratación aínda acaba de iniciarse.

Comedores de Esteiro e San Pablo

O Grupo Municipal Socialista lembra que falta por executar as obras de acondicionamento do comedor social de Esteiro, e dotar do mobiliario axeitado o de San Pablo. A concelleira socialista manifesta que o comedor de Esteiro xa dispoñía dun proxecto, que consistía en acondicionar o chan para facelo máis acolledor, e accesible, lembrando que xa se abordara no anterior mandato a iluminación, calefacción e o mobiliario necesario.

No que respecta ao de San Pablo, este goza dunha instalación axeitada, xa que no proxecto do centro cívico do anterior goberno xa se tiña en conta esta finalidade, polo que os socialistas atribúen á falta de vontade política “o retraso nuns servizos que consideramos básicos cara as persoas maiores, que son o 22% da poboación de Ferrol”.- di María López.

Así mesmo, os socialistas lamentan que o goberno local non prevea acometer o previsto para a zona Urban no anterior mandato, é dicir, o que daría servizo aos veciños e veciñas dos barrios de A Madalena, Ferrol Vello ou Canido.

 

 

 

 

 

 

Neste senso, refírense ao proxecto que o goberno socialista tamén tiña previsto, e que se ubicaría no local do Toxos e Froles, para o cal as conversas coa entidade xa estaban iniciadas.

 

“Está claro que para o goberno local a extensión da rede de comedores sociais non é unha prioridade”, e “so ante a insistencia do Grupo Socialista aceptaron finalmente no orzamento unha partida para este fin, pero urximos a execución sen máis demora.”.- manifesta María López.

 

Por todo elo, instan ao goberno local á execución das adecuacións necesarias dos locais sen demora, para que en setembro o comedor social de Esteiro e San Pablo xa sexan unha realidade, e comece o servizo.

 

Xantar na casa

Noutro orde de cousas, os socialistas manifestan a súa preocupación no que respecta ao programa Xantar na casa, servizo que no anterior mandato se levaba a cabo baixo o nome de Comedor sobre rodas, e que garantizaba a comida a 30 persoas maiores con mobilidade reducida, servíndoa no seu domicilio diariamente.

 

Os socialistas están preocupados pola calidade do servizo actual, xa que teñen coñecemento de varias baixas no servizo e de algunhas queixas dado que agora a comida non se lles leva diariamente oas usuarios e usuarias, senón que é entregada unha vez á semana o que sen dúbida afecta as propiedades do producto. Polo que o grupo solicialista propón que se faga unha enquisa de satisfación e un informe do servizo.

 

 

 

 

 

 

Lea también

O BNG de Ferrol afirma que «a lingua galega está viva e que a sociedade está disposta a defendela»

O BNG de Ferrol a través dun comunicado anuncia que diferentes colectivos da cidade de …