Papeis e máis papeis

Miguel AlonsoMiguel Alonso

Pasou moito tempo dende a miña última columna neste xornal mais a ausencia non foi motivada por falta de ganas senón de tempo. Nestas semanas sen escribir ocorreron bastantes cosas pero é indubidábel que a noticia máis importante é o ingreso en prisión de Bárcenas e a filtración dos seus papeis na Internet.

Téñolles que confesar que non entendo ben o alboroto producido. Non creo que haxa nada neses papeis que non fora esperábel. Simplemente veñen a confirmar o financiamento ilegal do Partido Popular nos últimos 20 anos, algo que xa nos temiamos.

O grave é a actitude do propio goberno. Rajoy actuou nas súas últimas aparicións cunha total falta de seriedade. Lendaria é xa a súa contestación aos medios: “la segunda ya tal…” evitando así contestar nada sobre o ex-tesoreiro popular. “Todo es falso, excepto alguna cosa” tamén pasará á historia dese grande estadista, adicto ás aparicións virtuais a través dunha tele de plasma.

A pregunta é: Onde están os dirixentes do PP? Por que están tan caladiños? Por que non dimite alguén, aínda que sexa polo ben do propio partido? Está claro que Bárcenas está executando unha fuxida cara adiante, sentíndose abandonado polos seus antigos compañeiros. Nunca pensou, imaxino, entrar no cárcere. Nótase ese distanciamento nos cambios producidos pola súa defensa (os seus antigos avogados son xente moi próxima ao PP) e na súa necesidade absoluta de ofrecer información que lle permita vingarse (aí temos as informacións remitidas a Pedro Jota e a outros xornalistas).

En fin. O único bo de todo isto é que veremos en primeira persoa e con documentos algunhas das ilegalidades cometidas nas contas dos señores que hoxe nos gobernan. Sería unha cuestión de hixiene democrática que se puidera facer o mesmo co resto de partidos.

 

 

Lea también

El 10 de marzo de 1972 en Ferrol ¿Tragedia o suceso histórico?

Enrique Barrera Beitia Todos los ferrolanos sabemos que el 10 de marzo de 1972 una …