Ciclo de actividades do «Dia Nacional de Galicia» en Fene

Cartel Dia Nacional de GaliciaSito Sedes, Rosa Cedrón e Paco Lodeiro revivirán en Fene os temas da verbena clásica no espectáculo “Cantando a Galicia”

O irreverente humorista Peter Punk abrirá o vindeiro luns 15 de xullo o ciclo do Día Nacional de Galicia en Fene.

O ciclo do “Día Nacional de Galicia”, comezará o vindeiro luns 15 de xullo na Praza do Concello (20 horas), cun espectáculo de Peter Punk que se enmarca na programación de verán da Rede de Dinamización Lingüística.

O martes 16 de xullo, ás 22 horas, subirá ao escenario da Praza do Concello o Mago Rafa cun espectáculo no que se convida aos espectadores a rir e a desfrutar duns verdadeiros “Momentos máxicos”.

Tamén na Praza do Concello celebrarase o mércores 17 de xullo (de 20.00 a 22.00 horas) a Festa dos Avós, actividade organizada pola Área de Benestar Social que se enfoca como unha xornada de convivencia na que se homenaxea ás persoas maiores e aos seus descendentes. No devir da xornada distribuiranse racións de paella, empanada e bola entre os asistentes. A cea será totalmente gratuíta, non así as bebidas que haberá que pagar. Dende o Concello de Fene infórmase que a recadación que se obteña pola venda de bebidas destinarase a Cáritas.

Unha vez rematada a Festa dos Avós, comezará na mesma Praza do Concello, ás 22.30 horas, o espectáculo “Cantando a Galicia”, no que compartirán escenario Sito Sedes, Rosa Cedrón e Paco Lodeiro.

Cantando a Galicia” recupera, da man de grandes figuras do noso panorama musical, temas míticos da verbena clásica.

O ciclo do Día Nacional de Galicia concluirá en Fene o xoves 18 de xullo. Os actos desta derradeira xornada comezarán ás 19 horas no Monumento “Día da Patria Galega” coa lectura da Declaración Institucional, a cargo nesta ocasión de Nicolás Vidal (Fene, 1967). Xornalista responsable do suplemento cultural de Diario de Ferrol. Pechará o acto o Coro Infantil Agarimo de Sillobre que interpretará o himno galego.

Tralo acto institucional, celebrarase tamén ese día na Praza do Concello, a partir das 20:30 horas, o VIII Festival de Habaneiras, coa participación das corais polifónicas de, San Valentín, O Pote de Maniños, Eterna Xuventude e das rondallas Estrelecer e Perla do Río.

 

Lea también

Ferrol promove unha nova edición do Festival Internacional de Narración Oral Atlántica

O Concello de Ferrol vai promover un ano máis o Festival Internacional de Narración Oral …