Traballo convoca 212 prazas para recoñecemento de competencias profesionais para o sector naval

cmpetenciasA Consellería de Traballo e Benestar publicará este luns, día 15, no Diario Oficial de Galicia (DOG) unha nova convocatoria para o recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, nesta ocasión, centrada exclusivamente no sector naval. En concreto, convócanse 212 prazas dirixidas aos profesionais da industria auxiliar do naval nas unidades de competencia das cualificacións profesionais de fabricación e montaxe de instalacións de tubaxe industrial e soldadura.

Esta iniciativa específica para o sector naval forma parte do proxecto Empreganav, que impulsa a Xunta co apoio do Fondo Europeo de Adaptación á Globalización (FEAG). Esta actuación, que ten como obxectivo último a recolocación das persoas desempregadas do sector naval, contempla, entre as súas diferentes accións, a acreditación e certificación das competencias profesionais. Polo tanto, esta convocatoria vai dirixida en exclusiva aos profesionais beneficiarios do proxecto Empreganav.

O prazo para presentar as solicitudes será de 10 días naturais, a partir do martes. As inscricións deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través da sede electrónica da Xunta https://sede.xunta.es

Para os candidatos admitidos, publicarase o lugar, data e horarios para o inicio da fase de asesoramento na páxina web da Consellería de Traballo e Benestar http://traballoebenestar.xunta.es/ e na páxina web do proxecto FEAG-Empreganav, http://empreganav.com.

As persoas que demostren a súa competencia nestas cualificacións acadarán os respectivos certificados de profesionalidade. Trátase da quinta convocatoria que realiza a Consellería de Traballo e Benestar deste procedemento de recoñecemento das competencias profesionais, o que supón un avance de cara a acreditar de xeito oficial a experiencia profesional que teñen os traballadores e traballadoras galegos.

 

 

Lea también

Los bomberos de Ferrol dejan de prestar servicio en otros seis municipios de la comarca

El presidente de la junta de personal del Ayuntamiento de Ferrol, Javier Sandá (CSIF), ha …