O BNG comarcal celebra a tradicional FestAberta previa ao Día da Patria Galega

festAberta 2013Ao igual que en anos anteriores, o BNG de Ferrolterra celebra este ano a tradicional FestAberta – a festa comarcal previa ao Día da Patria – que este ano desenvolveráse no paseo de San Valentín, no concello de Fene, este sábado, día 20, a partir do mediodía.

Este acto, que forma parte da campaña previa ao Día da Patria Galega, comezará ao mediodía coa recepción das persoas participantes no xantar que se desenvolverá a partir das 14,30 horas na carpa instalada pola organización no paseo de S. Valentín. Logo do xantar, desenvolveránse diversos xogos participativos para as nenas e nenos.

Intervención política

Ás 19 horas, na mesma carpa, terá lugar a intervención política por conta do portavoz nacional do BNG, Xabier Vence, arredor da proposta de soberanía para Galiza, que este ano nuclea a convocatoria do BNG para a grande manifestación do Día da Patria.

A partir das 20 horas desenvolveráse o apartado musical da FestAberta, que se prolongará ata a madrugada. As intervencións musicais correrán por conta dos seguintes grupos: «Estimaba que viñeras», «Ulträquäns», «Familia Caamagno» e «Tremebundos».

 

Lea también

Corte de tráfico en Ferrol por obras en la red de saneamiento

Emafesa informa que debido a la necesidad de realizar una actuación en la red de …