Compromiso por Galicia pide unha explicación ao alcalde sobre a suposta contratación de Marta Sánchez para as festas

marta sanchezDende Compromiso por Galicia  solicitase ao equipo de goberno de Rey Varela a correspondente aclaración á suposta contratación do Espectáculo “Un día cualquiera” coa participación de Marta Sánchez, e que foi anunciada pola propia cantante nas redes sociais con data pechada para o día 23 de agosto na Praza de España de Ferrol

Dende CxG entenden que neste momento de desconfianza da cidadanía na actividade política ,faise necesario máis que nunca, que esta actividade política sexa o máis transparente posible. Algo máis importante se cabe nos concellos, por seren a administración máis achegada á cidadanía

Según o coordinador da formación, Álvaro Montes “No Concello de Ferrol empeza a ser normal dicir unha cousa e facer a contraria, caendo unha e outra vez na constante opacidade. Recentemente a Concelleira Susana Martínez Galdós, sostiña que o interesante é que unha soa empresa contratase os eventos das festas, porque así podían axustarse prezos e abaratar custes, convén polo tanto aclarar a suposta contratación do espectáculo de Marta Sánchez e ver quen o asinou e en que condicións, pois o proceso de negociado de contratación aínda está aberto ata o martes que vén”

Dende Compromiso por Galicia tamén queren manifestar que as festas de Ferrol dentro da modestia, orzamentaria a cal compartimos, deben ter como primeiro obxectivo a dinamización do comercio e da hostalería local, e o feito de estar a finais de xuño aínda sen pechar as contratacións supón o escaso interese por parte do Partido Popular en que isto sexa así.

 

 

 

 

Lea también

Presentación do libro «Ser Cetáceo» de Francisco X. Fernández Naval no Museo de Historia Natural de Ferrol

Este viernes 26 de abril a las 19:30 horas en el Museo de Historia Natural …