Caranza, cidade dormitorio ou barrio dormido

Juan José Burgoajjburgoa@hotmail.com– TIRANDO A DAR

A península de Caranza acolleu unha das máis antigas freguesías da comarca de Ferrol. Segundo Vázquez Rey o ano 830 da nosa era xa era coñecida co nome de Santa María in Carantra, pertencendo a Sé Episcopal de Iria. Máis tarde, entre los anos 1132 e o 1586, Caranza foi sucesivamente coto e freguesía dependente do mosteiro de San Martiño de Xubia.

Mediado o século XVIII extensos terreos desa zona pasaron a propiedade da Armada que edificou o Polvorín do Montón nese lugar. O ano 1845, cando Pascual Madoz leva a cabo o seu monumental Diccionario xeográfico-estadístico, a freguesía de Santa María de Caranza incluía as aldeas e lugares de Curro, Costa, Fuente, Furado, Moxolo, Montón, O Bertón, Pallota y Telleiras, nomes que aínda se conservan.

Máis tarde, para realoxar a poboación do antigo barrio de Esteiro e ao crecente número de traballadores que se incorporaban aos estaleiros da Ría, a partires do ano 1962 comeza o parcelamento e creación da infraestrutura necesaria para a ampla edificación de Caranza. Durante o longo e pouco ordenado proceso posterior, nun intento de formación interclasista, mesturáronse tanto cooperativas gremiais como vivendas sociais.

Creouse así  un barrio satélite de máis de 20.000 habitantes, cunha especial disposición e certa anarquía, incorporando edificios de calidades diversas e variada morfoloxía xunto a prazas insulsas e anódinas áreas non edificables. Non se tivo en conta que era precisa a creación duns servizos a nivel de Tenencia de Alcaldía para coordinar as múltiples necesidades do barrio en materias de limpeza, mantemento y seguridade.

burgoa-21-aA pesares de certos edificios de interese, Caranza  perdeu a oportunidade de combinar de forma axeitada arquitectura e urbanismo e de dotarse dunha arquitectura de calidade. A todo iso pódese engadir unha menos que regular comunicación co centro histórico Ferrol, o que unido a certas disfuncións comerciais, de equipamento e de servizos abortou a consolidación dun barrio pouco atractivo, polo que moitos dos seus primeiros veciños abandonárono de xeito paulatino e outros que quedaron o usan como cidade dormitorio

A construción dun Paseo Marítimo, desta rolda respectuoso e pouco agresivo co bordo litoral (aínda que criticado polo seu estado de descoido), e a boa restauración da histórica capela de Santa de Santa Maríaburgoa-21-b e o seu fermoso entorno contrastan coa chapuceira rehabilitación do cruceiro e a vergoñenta desaparición do muíño de vento regalado fai anos polo Concello de Cartagena.

Semella tamén que chegou o momento de levar a cabo unha actuación intelixente e eficaz sobre a feroz trincheira ou muro separador que hoxe significa a actual avenida das Pías, unha drástica divisoria de importantes barriadas ferrolás, de xeito tal que se converta nun bulevar arborado que humanice a irracional desconexión existente entre os barrios de Caranza, Ultramar, Recimil e Esteiro, tan cerca e tan lonxe entre eles.

Lea también

Las cuentas del concello

Enrique Barrera Beitia El pasado lunes el pleno municipal ferrolano aprobó el presupuesto para 2024. …