A SGHN organiza unha saida pola Ruta dos Muiños de Esmelle

ruta  moliños esmelle A Sociedade Galega de Historia Natural, en colaboración coa Concellería de Educación do Concello de Ferrol, co obxecto de potenciar a Biblioteca da SGHN e o manexo das guías de campo, organiza tres saídas pola Ruta dos Muiños de Esmelle (4 kilómetros de percorrido, dificultade baixa).

A finalidade destas saídas é, mediante as guías de campo, ver as modificacións da fauna e flora ao longo das estacións do ano.

A data da segunda saída é a do 30 de xullo.

A SGHN invita a todos aqueles profesores e tamén aos socios  que queiran asistir.

As saídas serán ás 10:30 da mañá desde o local da Asociación de Veciños de Esmelle. A saída finalizará aproximadamente ás 13:00 horas.

Teléfonos de contacto: 881 93 13 15 e 698 141 384 (de luns a venres de 10 a 14).

Lea también

La Cátedra Jorge Juan, promovida por la UDC y la Armada, conmemora su 30 aniversario en el Campus de Ferrol

El rector de la Universidad de A Coruña, Ricardo Cao Abad, presidida, junto con el almirante …