O alcalde de Narón traslada o pesar do Concello

galicia luto-1O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, ven de trasladar o pésame en nome do Concello de Narón a tódolos feridos e familiares de falecidos do accidente rexistrado onte na zona de Angrois (Santiago) onde descarrilou o tren que cubría o traxecto Madrid-Ferrol, deixando un elevado número de mortos e feridos.

Entre os desaparecidos figura unha veciña de Narón de 24 anos de idade, que viaxaba nese tren no momento do sinistro, e da que aínda non se teñen noticias sobre o seu paradeiro. O Alcalde quixo trasladar a súa solidaridade e apoio á familia desta moza, nestes duros momentos nos que todo parece presaxiar un final tráxico posto que non figura na lista de supervivintes.

En Narón, as bandeiras lucen a media asta e con crespones negros, en sinal de loito e secundando así os sete días de loito oficial decretados pola Xunta de Galicia.

Os actos oficiais programados polo Concello quedaron anulados, pero as festas patronais -que non dependen da administración local- foron imposibles de cancelar. É o caso, por exemplo, das Festas Patronais de Santiago Apóstolo, no barrio de A Gándara, que se manteñen.

Así, queda anulada a parte musical do Oenach Atlántico -previsto para os días 26, 27 e 28 de xullo- como a Noite de Música Galiciana, cuia organización correspondía ó Concello na noite de mañá. Tamén foi cancelada a actuación do grupo Alxibeira (o sábado ás 13:00 horas) e a actuación da Banda de Gaitas (o domingo ás 13:30 horas) do Padroado de Cultura de Narón.

Mantéñense o resto dos actos do Oenach, organizados polos veciños de Sedes

 

Lea también

La Asociación de Hosteleros de Narón y Ferrolterra acuerda con el concello de Narón la ampliación del horario de cierre durante Semana Santa

La Asociación de Hosteleros de Narón y Ferrolterra ha dirigido una solicitud formal al Ayuntamiento …