Compromiso por Galicia pide unha área para autocaravanas en Valdoviño

valdoviño. parking frouxeiraCompromiso por Galicia lamenta a falla dun espazo público para que os centos de turistas que en autocaravanas visitan as Praias de Valdoviño, podan ter un servizo axeitado para os seus vehículos, o que provoca estacionamentos e pernoctas ilegais nos aparcadoiros públicos acondicionados nas praias, e o conseguinte malestar no resto de usuarios que ven diminuídas o numero de prazas, e onde mesmo se ocupan as destinadas a usuarios con mobilidade reducida.

O acondicionamento dunha zona de parking para caravanas, non resulta demasiado custosa en relación cos beneficios económicos que supón para o municipio en cuestión, e máis tendo en conta que o Concello dispón de 5 areais con bandeira azul e atópase situado a medio camiño entre Ortegal e Ferrol.

Nun comunicado CxG sinala que «Consideramos que outros Concellos si están integrando e planificando este tipo de turismo e que mesmo a imaxe das propias praias de Valdoviño, estase vendo perxudicada, polo cal entendemos que despois de dous anos de goberno, a ausencia de terreos, non pode ser unha escusa, e menos cando tanto a Xunta de Galicia como a propia Deputación están gobernadas polo mesmo partido político que o Concello.

Agardamos pois desde CxG e tendo en conta eventos da importancia como o Pantín Classic, que terán lugar proximamente, que a imaxe e seguridade dos nosos areais mellore e mesmo na medida do posible, acondiciónese un espazo para o uso das autocaravanas, dotandoo dos servizos axeitados a tal fin.»

 

 

 

Lea también

Neda mantendrá abierta la inscripción en la escuela infantil hasta cubrir vacantes

El Ayuntamiento de Neda ofrece a las familias la posibilidad de inscribir a nuevo alumnado …