IV Edición da Feira Mariñeira en Ares

ares, feria mariñeiraO paseo marítimo acollerá entre os días 23 e 25 deste mes de agosto os postos da que será a cuarta edición da Feira Mariñeira, unha iniciativa promovida polo Concello de Ares coa subvención do Grupo de Acción Costeira Golfo Ártabro, que en anos anteriores acadou un máis que notable éxito de participación e que este tamén apunta a conquerilo.

Durante estes tres días, serán moitas as actividades que se desenvolvan na vila, algunhas delas vencelladas directamente coa propia feira mariñeira e outras deseñadas para darlle máis pulo a esta iniciativa que organiza a Concellaría de Cultura, que dirixe o edil socialista Eugenio Fernández Lago.

Inauguración o venres

A inauguración da feira será ás seis da tarde do venres 23, estando previsto que ás oito actúe a Banda de Gaitas Ría de Ares polas rúas e, nomeadamente, polo paseo marítimo.

Xa o sábado, a igrexa de San Xosé acollerá o II Concerto Fin de Verán, que contará coas actuacións da Coral Polifónica Casino Mugardés e da Coral O Castro de Miño. Ás 21.30 horas, será a Rondalla Trovadores a que amenice as rúas da vila.

Finalmente, o domingo 23 terá lugar, a partires da unha da tarde, a actuación do Grupo de Gaitas Aresán e ás oito do grupo de baile Areas do Mar do Casino Aresano. A clausura da feira será ás dez da noite do domingo.

Ao longo deses tres días, a vila lucirá a súa faciana máis mariñeira, xa que os postos e incluso algunha das rúas máis significativas contarán cunha decoración propia desta temática, a que lembra a orixe deste pobo.

 

 

Lea también

As Pontes renova os convenios con Aspanaes e a Residencia A Magdalena

O Concello das Pontes renovou este lunes 22 os convenios de colaboración con Aspanaes e …