O Marqués de Amboage e a súa lenda negra

burgoajjburgoa@hotmail.com-TIRANDO A DAR

Na praza máis fermosa e que mellor conserva as esencias e as sinais de identidade da cidade, un 31 de Agosto, fai agora 117 anos, inaugurouse a estatua do Marqués de Amboage, dándolle o seu nome á praza ata entón chamada de Dolores. Na actualidade a severa e cerimoniosa escultura do marqués atópase nun desleixado estado de conservación e limpeza, faltando desde fai anos do seu pedestal o escudo de Ferrol que lle foi espoliado.

Ramón Plá y Monje, marqués con título pontificio, que non da nobreza de España, como home adiantado ao seu tempo obtivo esta distinción polo seu benéfico labor, ao crear á súa morte o ano 1892 unha importante Fundación Benéfica en Ferrol, rexida polo alcalde, o cura párroco e catro membros da clase traballadora (de xeito obrigado por estatutos), entidade que fundou en lembranza da temperá morte do seu fillo primoxénito e que foi un exemplo de xenerosidade cara á cidade onde naceu.

Ramón Plá foi un exemplo ferrolán da súa época. Nacido o ano 1823 na rúa do Sol, os seus devanceiros

(estatua sin o escudo de Ferrol)
(estatua sin o escudo de Ferrol)

cataláns chegaron a Ferrol como tratantes de viño, dentro da abundante poboación de aluvión do século XVIII. Sendo mozo tivo que emigrar a Cuba, o mesmo que na década dos anos 1830 fixeron tres irmáns, unha irmá e mesmo a súa nai. Traballou de arreo na illa caribeña, foi propietario dunha ferraxería na Habana e fundou as empresas de subministro de gas da capital de Cuba e da cidade de Matanzas. Enriquecido polo seu traballo en ultramar, trala única vista que fixo a Ferrol desde a súa viaxe a Cuba, afincouse en Madrid o ano 1860, casouse de novo e aumentou de xeito importante a súa fortuna con negocios bancarios e inmobiliarios.

Mentres foi recoñecido como exemplar patriota pola prensa e polos intelectuais galegos da súa época e foi lembrado con agradecemento por moitas familias ferrolás, foi logo atacado e denigrado por estúpidos e ignorantes de tódolos sectores políticos da cidade, adxudicando a súa riqueza a unha presunta dedicación á trata de negros (unha actividade que realmente exerceu o seu irmán burgoa-marquesJosé, mercando escravos para a súa factoría cubana de produción de azucre), mentres se esquecía a importante proxección social da Fundación Amboage, primeiro na redención económica dos quintos chamados ao servizo militar, máis tarde como importante premio aos mozos licenciados dunha milicia feita obrigatoria, e hoxe en día nos importantes donativos aos centros benéficos da súa urbe natal.

Esta cidade, que no pasado sabía honrar aos seus cidadáns exemplares, sen necesidade de ter que ir a buscalos máis aló da Ponte das Cabras, celebraba tempo atrás, na lembranza de Ramón Plá, as espléndidas festas laicas de Amboage, que desbancaron aos cada vez máis esmorecidos festexos parroquiais da urbe e que tiveron gran sona dentro de Galicia, salientando especialmente os que foron afamados fogos do Marqués, hoxe arredados da praza onde naceron. Neste senso, os tempo pasados (e desde logo os responsables das festas) eran mellores que os de agora, por máis voltas que lle dean á esa presunta nora.

 

Lea también

Las cuentas del concello

Enrique Barrera Beitia El pasado lunes el pleno municipal ferrolano aprobó el presupuesto para 2024. …

Un comentario

  1. Agradecido polo esforzo. Nen embargantes, e entendendo a necesidade da brevedade no artigo, penso que hai varias serias contradiccions.

    Entre que un home conquira diñeiro e logo sexa recoñecido coma un «patriota» (entendo que patriota español) non hai nin un paso. Polo xeral as persoas ricas tamén soen ter boa reputación social. De feito a riqueza tamén trae da man en moitas ocasions títulos nobiliarios. Xeralmente buscados e maís se falamos de séculos que nos precederon.

    Se xa a suposición da veracidade do seu patriotismo, ou o que é o mesmo no contexto, a súa honorabilidade, é máis que sospeitosa o mesmo se podería dicir das suposicions sobor da parte contraria. Os críticos. Imaxino que polo simple motivo de levar a contraria os que tiñan o poder pasan a ser para eles «ignorantes é estúpidos». Inda que é verdade que moitas veces fanse rumores baseados en medias verdades, coma o caso «escravista» do seu irmá.

    Tampouce se entende a que ven iso de «home adiantado o seu tempo». E eiquí paréceme que chegamos a un dato importante. Salvo facer diñeiro en vida e deixalo na súa morte (cando non o precisaba) non parece ter outro mérito. Isto xa o fixo moita xente, antes e despois de Ramón. Un home adiantado o seu tempo e o que fai ou pensa cousas que ta só na posteridade chegarán a realizarse. Da Vinci, por exemplo, foi un home verdadeiramente adiantado o seu tempo.

    Para rematar a impresión global do artigo e que fai sospeitar dunha ideoloxía subxacente que, se non o alimenta, cando menos o influencia e o dirixe cara a unha imaxe favorable. «Home adiantado» (gran home), praza mais fermosa (a súa), patriota, cos apoios da xente «importante», ou enriquecido polo seu traballo ( lembremos a Max Webber dicindo coma no capitalismo a forma de servir a Deus e de conquerir bondade é traballando e enriquecéndose). Sobor deste último punto, por simple lóxica, tamén se amosan sospeitas. ¿Enriquecido polo seu traballo a base de explotar os seus traballadores?. Porque nas sociedades capitalistas o empresario conquire un alto marxe de beneficios o quedar de forma ilexítima coa plusvalía. Sería bo saber se os seus empregados tamén medraban o mesmo ritmo que o xefe. Sospeito que non.

    Coma dicía o empezar entendo a necesidade da brevedade e que isto impide confirmar máis a veracidade do dito con datos. Que tería que ser o verdadeiramente relevante. Eu tan só fago a crítica baseándome na verosimilitude que, dito o que sinalei, o meu parecer non existe nalgúns intres.

    Un saúdo.