Comenzan as «noites na Capela» no Torrente Ballester

noites na capela-5O cantautor coruñés César de Centi recala nas «Noites na Capela» no centro cultural «Torrente Ballester» nun concerto, este xoves día 5, as 21 horas, no que repasará temas dos seus doce anos de carreira enriba dos escearios e adiantará cancións do seu novo traballo que verá a luz nunhas semanas.

Cesar de Centi estará acompañado por Robert Pier.

O próximo

O día 12 estará no » Torrente Ballester» o  cantautor ourensán Emilio Rúa que presentará os temas do seu quinto traballo discográfico “Destino sur”.

Destacado cantautor galego, ten colaborado con creadores como Uxía Senlle, Budiño ou Luís Tosar.

Acadou destacados premios como o segundo posto, cantando en galego na V Muestra Nacional de Canción de Autor.

 

 

 

Lea también

Ares acolle a 2ª Exposición Multidisciplinar de Fotografía

O Concello de Ares e a Asociación de Fotografía de Ferrolterra promoven conxuntamente no andar …