Miguel Ángel Rodríguez Aneiros incorpórase á executiva comarcal de CxG Ferrolterra

rodriguez aneirosDesde CxG Ferrolterra infórmase da incorporación á Executiva Comarcal, como representante de Narón, do afiliado Miguel Ángel Rodríguez Aneiros.

Miguel Ángel Rodríguez Aneiros (Narón), participa activamente dende os anos setenta en asociacións e entidades que abranguen todos os ámbitos da vida social e económica, desde asociacións veciñais a entidades deportivas, culturais, sindicais e políticas.

Foi concelleiro do Grupo Municipal Socialista (PSdG-PSOE) desde o ano 1991 ata o 2001 e desde entón ata o ano 2003 concelleiro do Grupo Mixto, no Concello de Narón.

No ano 2002 funda Progresistas de Narón (PdN) co que se integrará na refundación do Partido Galeguista no 2004, do que foi membro da súa executiva nacional

Actualmente é presidente do Narón Futsal, clube ademáis do que foi fundador

Rodriguez Aneiros destaca sobre Compromiso por Galicía que “é un proxecto aberto, de base plural, que aposta pola democracia participativa e a transparencia, unha alternativa real, galeguista, progresista e con clara vocación transformadora».

Considera ademais que «se fai necesaria unha alternativa real, unha formación política de referencia para a a sociedade galega e sobre todo para esta comarca, xa que o problema histórico desta comarca é o pouco peso que temos na toma de decisións, que o xogo político cada vez está máis centralizado, e onde se recurta en valores democráticos, e se avanza en privatización de servizos e mesmo no finiquito da autonomía municipal”

 

Lea también

Iniciadas las obras de aglomerado de la avda de Ferrol, en Valdoviño, con una inversión de 113.000€

Las obras de acondicionamiento de la avenida de Ferrol arrancaban en Valdoviño este jueves 25 …