A concelleira de deportes de Narón lamenta que a deputación non conceda o que solicitou o concello

natalia h.A Concelleira de Deportes de Narón, Natalia Hermida, «ven de lamentar a redución das subvencións deportivas concedidas pola Deputación de A Coruña ó Concello de Narón dentro da convocatoria do ano 2013″.

Tal e como informou a Concelleira, «Narón solicitou ó abeiro desta convocatoria as seguintes cantidades:

-Para infraestructura deportiva (mellora do ximnasio, vestiarios e sala de musculación do Complexo Polideportivo Municipal de A Gándara): 31.775,81 €. Cabe lembrar que o coste total da obra é de 54.154,76 €..

-Para actividade deportiva (Rallie de Narón e Gala do Deporte): 33.224,19 €.

Recibida a solicitude, a Deputación de A Coruña ten concedido ó oitavo concello de Galicia –en número de habitantes, segundo o INE- as seguintes cantidades:

-Para infraestructura deportiva: 4.603,15 €.

-Para actividade deportiva: 2.926 €.

Sumando as cantidades solicitadas e as concedidas o resultado é o seguinte:

Cantidade total solicitada: 65.000 €.

Cantidade total concedida: 7.529,15 €.

A redución das subvencións deportivas tamén é considerable respecto á convocatoria do ano 2012, na que se concederon 38.466,76€.

Esta redución das subvencións resulta a todas luces incomprensible, tendo en conta que “Narón é un concello cunhas infraestruturas deportivas consolidadas, que son empregadas a diario por máis de 5.000 persoas.

Por este motivo “o Concello de Narón critica e lamenta o desprezo que ven de facer a Deputación cun municipio destas características” sinalou a edil de Deportes, Natalia Hermida.

 Lamentablemente isto ven a confirmar o que xa denunciaron fai algúns meses as entidades sociais, culturais e deportivas de Narón, cando alertaron do trato que estaban a recibir por parte da Deputación de A Coruña, na concesión de subvencións.

Como se lembrará, a Xunta Xeral do Padroado de Deportes –no que están representados os clubs deportivos- elevou unha queixa por escrito á Deputación de A Coruña, pola falta de interese deste órgano provincial na concesión de subvencións a entidades deportivas de Narón no ano 2012.

Posteriormente, este mesmo escrito foi levado ó Pleno –celebrado o día 27 de marzo de 2013- a través dunha moción de Terra Galega, aprobada cos votos a favor de TEGA, PSOE, BNG e CG e a abstención do PP. O acordo foi trasladado á presidencia da Deputación Provincial e ós grupos políticos deste organismo.»

 

 

Lea también

Presentado el cartel de las fiestas de Santa Rita de Xuvia, en Narón

La asociación de vecinos Altea de Xuvia ha presentado el cartel para las fiestas de …