Proxección do Documental «A fazaña da liberdade» de Senén Outeiro no Ateneo

a fazañaO xoves día 26 ás 19.30 horas, proyectarase no Ateneo Ferrolán un documental sobre a figura de Alexandre Bóveda, de Senén Outeiro, e que será presentado por Bernardo Máiz.

A «Fazaña da libertade»  é un documental que amosa o periplo vital dun dos personaxes mais influintes e tamén más descoñecidos para a inmesa coleitividade de Galiza.

Un documental que reconstrúe a vida e actividade de Alexandre Bóveda (1903-1936). Facendista, economista, deseñador das Caixas de Aforros de Ourense e Pontevedra, impulsor do Estatuto de Galicia, integrante do Seminario de Estudos Galegos, cofundador e Segredario Xeral do Partido Galeguista e ante todo, bon e xeneroso, “entregado á causa galega”, como el gostaba dicir.

Escomezando no seu Ourense natal donde Bóveda nace, é mozo e fai-se home, ate a chegada á súa “amada Pontevedra” e posterior exilio, e finalmente o dramático final do protagonista,  » A fazaña pola libertade»  é concebida coma unha visión áxil pero sen deixar de afondar no conflicto.

Esta obra biográfica será sempre acompañada dunha explicación do contexto histórico, lugares, axentes e causas que diseñaron o espazo e o tempo de Alexandre Bóveda. Representando así a unha das etapas mais floridas e emocionantes da historia contemporánea Galega.

Lea también

Ferrol inicia el proceso para agilizar la contratación de personal

La concejala de Recursos Humanos, Susana Sanjurjo, avanzó que la Mesa General de Negociación aprobó las …