As meninas de Canido

FAFRecibimos un  novo comunicado do F.A.F. (Foro de Amigos de Ferrol) na defensa do Patrimonio Cultural da cidade e os seus barrios e polo seu intere o publicamos íntegramente:

«Desde o ano 2008 e durante tres anos tivo lugar unha singular iniciativa cultural no Barrio de Canido, na que se involucraron a maioría dos pintores de Ferrol e á que asistiron numerosos artistas vidos doutros lugares. Utilizando as fachadas das casas en mal estado do barrio como soporte artístico, faf-aeses pintores encheron de diferentes versións das Meninas de Velázquez as rúas de Canido, conseguindo unha gran proxección máis aló da cidade, mesmo no estranxeiro.

Tras deixarse de celebrar os anos anteriores, os pasados días 7 e 8 de Setembro, nesta ocasión nunha pouco afortunada coincidencia coas Festas da Parrocheira en Ferrol Vello, levouse a cabo unha nova edición das Meninas no Barrio Alto da cidade, grazas ao traballo persoal de Eduardo Hermida, constituíndo un notable exemplo da posta en valor do contorno e do importante papel que pode xogar a arte na humanización e dignificación dun espazo urbano degradado.

Por mor desta nova edición case douscentos artistas decoraron de novo do Barrio Inacabado (nunca rematan as súas obras públicas), no que semella unha interesante demostración de como os creadores artísticos loitaron, faf-bunhas veces a favor e outras veces na contra, do material irregular das fachadas e paredes; ben loitando para que puidese recibir a súa obra unha superficie hostil e non preparada ou, ao contrario, lograr que o seu traballo se adaptase e aproveitara as complexas condicionantes dun soporte variado, mais degradado.

No que atinxe aos traballos de escultura, o lugar escollido para a colocación da Menina de César Lombera non semella moi axeitado. Unha estrutura de material tan feble pide o seu erguemento noutro lugar: p.e. nos xardíns da nova urbanización Marqués de Amboage da rúa Alegre.

Deste xeito, recunchos entrañables do barrio, hoxe en franco declive cando faf-cnon desleixo, como o Corral de Chapon, a Costa de Riego ou a Casa do Patín da rúa Atocha, serviron para que estes artistas amosasen os seus traballos, aínda que se debe sinalar que a maioría dos pintores de Ferrol estiveron ausentes desta mostra de arte urbano.

Cecais prefiren expoñer a súa oferta cultural nos escaparates dos comercios pechados ou nas paredes de certas cafeterías da Supermazá da Cidade Ensimismada.

Da subida dos prezos de certos establecementos de hostalería de Canido nese fin de semana xa fixo o debido eco Galicia Ártabra Digital.

Por outra banda, aínda que se debe salientar o apoio do Concelleiro de Urbanismo a esta iniciativa, cumpre sinalar que a mesma ten como motivo principal chamar a atención sobre o desleixo do barrio. Tome nota o Concello e aplíquese na busca de solucións axeitadas en materia de restauración e rehabilitación do histórico barrio.

 

 

Lea también

Seleccionados os catro proxectos para as Residencias Artísticas Mariñán de Literatura e Pensamento

Francisco Rodríguez Casal, Esperanza Mariño Davila, Laura Martínez Mateo e Carmen Marina Vidal Valiña son …

Un comentario

  1. joseignaciodapenafernandez

    Muy buen comentario acerca de las Meninas.