Protesta dos estudantes da Escola Náutico-Pesqueira. Sestayo dí que se intenta a privatización do centro

OLYMPUS DIGITAL CAMERA Na mañá deste venres día 27, estudantes da escola naútico pesqueira acompañados polo BNG celebraron unha concentración para protestar e esixir a retirada do Decreto 143/2013 que fixa os prezos para os servizos de residencia e comedor dos centros de formación marítimos-pesqueiros.

Iván Rivas, portavoz municipal do BNG, sinalou que “este decreto foi imposto pola Xunta de Galicia, sen previo aviso e unha vez comezado o curso académico, un decreto que o único que fai é limitar o acceso aos estudos do alumnado procedente de clases sociais máis castigadas pola crise impedíndolle a formación, tanto no ámbito náutico-pesqueiro como agro-forestal.

Este decreto incide sobre uns sectores fundamentais para o desenvolvemento económico deste país como é o sector pesqueiro e que agora lles obriga a pagar por uns servizos que até agora eran gratuitos e que contaban con esta prestación para desenvolver os seus estudos, e acusou ao Partido Popular de cometer unha auténtica tropelía con estes alumnos”.

Pola súa parte o portavoz dos estudantes afectados, Ivan Pastoriza, “destacou que esta concentración é unha defensa do dereito estudo e porque consideran que o decreto, publicado o 16 de setembro, xa iniciado o curso, é inxusto porque obriga aos estudantes da escola naútico pesqueira a ingresar unha cantidade económica que nin eles mesmos indican como. Obrigannos a pagar por uns estudos pero tampouco especifican como podemos facelo nin porque ten que ser antes do dia 30 de setembro”.

Consideran que están abandonados, lembra que o decreto entrou en vigor a posteriori de facer a matrícula e moita xente, deixou de traballar para poder formarse e que” contaban con esta axuda que agora non temos”. Indicou que o 18 de setembro avisaron aos estudantes da aplicación deste decreto cando moitos estudantes tiñan a matrícula formalizada desde xuño.

Os que estamos a estudar non podemos facer fronte a este pago queremos pedir a derogación do decreto ou que se non é asi polo menos que se estipulen facilidades de pago ou que as tarifas se axusten segundo a cuantía da declaración da renda de cada familia, o que non é normal que sexa a mesma cuantía para todos os estudantes por igual. Cando haberá estudantes e situacións familiares diversas, están obrigando a abandonar os estudos a moitas persoas”.

Beatriz Sestayo sinala que se intenta a privatización da Escola Náutico-Pesqueira

A deputada socialista Beatriz Sestayo vén de rexistrar unha batería de iniciativas no Parlamento galego esixindo a rectificación da decisión que está a levar  á Escola Náutico-Pesqueira en Ferrol por parte do Goberno de Núñez Feijóo.

Hai que lembrar a este respecto que a parlamentaria xa ten denunciado en diferentes ocasións a privatización progresiva da mesma, con cursos que se levaron da Escola para ser impartidos por empresas privadas. Neste caso concreto, a parlamentaria faise eco das denuncias do alumnado, xa que por primeira vez se esixen as taxas de residencia por adiantado (cobrando, por certo, todos os días malia pechar as fins de semana) máis as tarifas dos diferentes cursos.

Así mesmo, Sestayo criticou a “paralización da escola” que, dixo, impide acceder ao alumnado titulado á formación preceptiva como a contraincendios, coa que, como afirmou a deputada, “a Xunta de Feijóo leva o liderazgo do caos”, impedindo acceder a persoas ás posibilidades de embarcación. Sestayo anunciou o inicio por parte dos socialistas « dunha campaña de reforzamento e posta en valor da escola Náutico-Pesqueira que a Xunta está afundindo, mentres de novo o alcalde de Ferrol nin se entera”. Ademais, informou de que ten pedida a realización dunha visita a ditas instalacións dende hai meses sen que ata o momento teña recibido resposta algunha pola Xunta. Aínda así, asegurou, iso non a impedirá seguir visitando e recibindo información do profesorado e alumnado.

 

 

Lea también

O BNG de Ferrol demanda no pleno, melloras nos comedores escolares

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol presentou, acompañados de familias do ceip Cruceiro de Canido, …