Miguel Alonso e «Alen de Ancos» finalistas do certame de «novos creadores»

miguel alonso-1A Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado convocou o certame galego de creadores novos, que inclúe as especialidades de teatro, artes plásticas, música, relato breve, poesía, videocreación, banda deseñada, graffiti, carteis, deseño de xoias e moda.

A especialidade de música quedaron seis finalistas e entre eles o cantautor ferrolán Miguel Alnso que xunto con a súa banda presenta os temas “No tevas” e “Deus xa nunca pasa por aquí”.

Miguel Alonso , colaborador de Galicia Ártabra Digital, xa foi gañador nesta modalidade no ano 2010 con dúas cancións de “A noite dos cans”.

O concerto onde se coñecerán os gañadores das distintas modalidades será o día 25 en Ribeira.

Alen de Ancos

alen de ancosOutro dos finalistas é o grupo de Ferrolterra “Alen de Ancos”.

O estilo musical poderíase definir como folk-fusión, posto que se inspira na música tradicional de diversas nacións celtas para dar lugar ao nacimento de novas composicións.Os instrumentos característicos son os whistles, uilleann pipe, gaita galega e saxo, acompañados polos acordes da guitarra e o teclado a ritmo de pandeireta, bodhran e caixón.

Alen de Ancos está formado por Aitor Rodríguez [Bodhran e caixón]; Carlos Caaveiro [Uilleann pipe e whistles]; Dolores Melgar [Pandeireta]; Fausto Escrigas [Saxo e whistles]; Iago Casal [Teclado e voz]; Pablo Díaz [Gaita galega, whistles e voz]; Rubén Gómez [Guitarra].

 

Lea también

Ferrol-Ateneo Ferrolano. Presentación del libro «Los irreductibles» de Julio Rilo

El próximo lunes, día 29 de noviembre, a las 19:30 horas, tendrá lugar en el …