Concentración de alumnos da Náutica-Pesqueira pedindo a retirada do decreto sobre prezos de servizos e comedores

nautico-pesqueraSegundo informa o BNG os estudantes da Escola Naútico Pesqueira de Ferrol van desenvolver este mércores, día 9,  às 10:30 horas, unha concentración diante do edificio administrativo da Xunta en Ferrol, co obxectivo de esixir a retirada do Decreto 143/2013 que fixa os prezos para os servizos de residencia e comedor dos centros de formación marítimos-pesqueiros.

«Esta nova medida de protesta acordase logo de que a Xunta decidira continuar coa aplicación deste Decreto e obrigara a pagar aos estudantes o primeiro trimestre, baixo a coacción de acusalos de morosos e dar conta a Facenda desta situación.

A aplicación deste Decreto, mesmo resulta unha tropelía ás expectativas de moitos mozos/as que comezaban o curso cunhas condicións e agora ven modificadas e que os aboca ao pago duns servizos ata agora gratuítos. Ademais con este decreto, a Consellería e Medio Rural e Mar da un paso máis na limitación de aceso do alumnado procedente de clases sociais máis castigadas pola crise impedíndolle a formación, tanto no ámbito náutico-pesqueiro como agro-forestal.» sinala o comunicado.

Apoio do BNG

O BNG estará, asi mesmo, nesta concentración arroupando aos estudantes da Naútico pesqueira  «xa que consideramos que a Consellería do medio Rural e do Mar lle está a acusar un grave prexuizo aos alumnos que teñan que padecer esta imposición de taxas cando no momento da matriculación realizaron as súas previsións escolares en base a uns servizos que tiñan carácter gratuíto e agora séntense roubados ao obrigalos a pagar polos servizos que antes eran gratuítos.» continua na nota

O BNG denuncia que «a Consellaría de Medio Rural e do Mar acaba de acometer outra felonía para rematar co sector do mar. Xa non chega con que a UE non nos deixe pescar, que non exista política pesqueira propia, senón que agora pretende que o maior potencial que temos, a formación, só sexa accesible para quen a poida pagar, e pregunta se son estas as medidas que precisa o país para incentivar a que a mocidade do litoral galego, do noso agro, se forme adecuadamente e poida fixar o futuro na nosa terra.»

 

Lea también

Inauguración en Ferrol de la «II Festa do Marisco de Semana Santa»

Se celebra hasta el próximo domingo bajo una carpa en el muelle ferrolano de Curuxeiras …