Visita guiada en Fene á exposición fotográfica «A Diario» de Fran Nieto e Anabel Viñas

franA Concellería de Cultura de Fene convida a todos os veciños/as a participar nunha visita guiada á exposición “A Diario”, de Fran Nieto e Anabel Viñas, que se amosa na Casa da Cultura de Fene (Avda. de Conces, 20-22). A devandita visita celebrarase este martes, 15 de outubro, ás 18 horas e contará coa participación como guía dun dos responsables da exposición, o fotógrafo Fran Nieto.

Fran Nieto é profesor de fotografía, especializado, sobre todo, en temas de iluminación, natureza e técnicas avanzadas de macrofotografía. A súa auténtica paixón é a divulgación do coñecemento fotográfico.

 

 

Lea también

Fene inicia na avenida de Tarrío o acondicionamento de beirarrúas

O uso de formigón impreso, que está a aplicar o persoal municipal, aumenta a durabilidade …