O Concello de Neda promove un novo curso gratuíto de iniciación á informática

ordenadoresA Concellería de Educación e Cultura, anunciou esta mañá a apertura do prazo de inscrición para participar nun novo Curso de Informática. Segundo explicou a concelleira de área, Eva Olmo, será de iniciación, para persoas sen coñecementos previos.

Constará de 30 horas de duración, repartidas en dúas horas dous días á semanamartes e xoves, de 18 a 20 horas-, e impartirase na Aula de Informática da Casa da Cultura. As prazas están limitadas a un número máximo de dez alumnos para facilitar a aprendizaxe. A concelleira Eva Olmo explicou que as persoas interesadas en participar nesta iniciativa tan só deben formalizar a inscrición na Casa da Cultura ou ben chamar ao número de teléfono 981 39 02 33 (de luns a venres de 9 a 13 e de 17 a 20 horas). A asistencia é completamente gratuíta e estará impartido por alumnos de Informática en prácticas. O curso dará comezo o 20 de novembro e prolongarase ata o 2 de decembro.

Doutra banda, o Concello informa de que a Aula Municipal de Informática permanecerá aberta tamén en horario de tarde durante todo o mes de novembro, de 17 a 20 horas.

 

 

Lea también

Efectivos del GES de Ortigueira localizaron a una mujer que estaba desaparecida

Efectivos del Grupo de Emerxencias Supramunicipal-GES de Ortigueira lograron localizar a una vecina de esta …